Joe Blade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joe Blade é un videoxogo programado por Colin Swinbourne e publicado en 1987 por Players, compañía de videoxogos de baixo custo. Fixéronse versións para Acorn Electron, Amiga, Amstrad, Atari 8-bit, Atari ST, BBC Micro, Commodore 64, MSX e ZX Spectrum.

Foi un dos primeiros videoxogos en prohibirse a súa distribución en Alemaña por glorificar a guerra e que os malevos semellaban tropas das SS. O xogo consiste en penetrar no Cuartel Xeral inimigo e rescatar ós presos alí detidos. Do xogo realizáronse dúas secuelas Joe Blade 2 e Joe Blade 3.