Joe Arroyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Álvaro José Arroyo González, nado en Cartagena de Indias o 1 de novembro de 1955 e falecido en Barranquilla o 26 de xullo de 2011, foi un intérprete e compositor colombiano considerado un dos máis grandes da música caribeña. O seu nome está relacionado coa cumbia, o joropo, o chandé ou o son montuno, que comunmente o oínte medio clasifica co termo global de Salsa.