Jodocus Hondius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jodocus Hondius (versión latinizada de Joost de Hondt), nado en Wakken, actual Bélxica, o 14 de outubro de 1563, e finado en Amsterdam o 12 de febreiro de 1612, ás veces chamado Jodocus Hondius o Vello para distinguilo do seu fillo, foi un artista de Flandres, gravador e cartógrafo .

Traxectoria [editar]

É coñecido por facer algúns dos primeiros mapas do "Novo Mundo" e de Europa, por restablecer a reputación da obra de Gerard Mercator, e polos seus retratos de Francis Drake. Axudou a establecer Amsterdam como centro da cartografía en Europa no século XVII.