Joaquín Vaquero Palacios
Joaquín Vaquero Palacios, nado en Oviedo en 1900 e falecido en Madrid no ano 1998, foi un arquitecto e pintor asturiano.
Índice |
Traxectoria[editar]
Viviu a súa infancia na capital asturiana. En 1921 ingresa na Escola de Arquitectura de Madrid, e antes de terminar a carrera conta xa con exposicións indidivuais en París e Nova York. Unha vez graduado como arquitecto incorpórase ao estudio que o seu cuñado, Francisco Casariego, tiña en Oviedo.
Durante un tempo (1950 - 1965) vive en Roma traballando na Academia Española de Belas Artes, da que chegaría a ser director, adicándose por un tempo á pintura. En 1969 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Como pintor, os temas que máis trataba eran a paisaxe e a arquitectura de lugares de Castela e Asturias, así como arquitecturas antigas e exóticas (ruínas romanas, pirámides de Exipto, poboados de indios americanos). Cando pintaba figuras humanas, estas presentábanse integradas na grandiosidade da paisaxe. Ceo, terra e mar, adquiren unha gran importancia na súa obra.
O seu fillo, Joaquín Vaquero Turcios, tamén é artista (pintor, escultor e arquitecto).
Obras destacadas[editar]
- Encoro e Central de Grandas de Salime (Asturias), 1954.
- Edificio do Instituto Nacional de Previsión en Oviedo.
- Sede da empresa Hidrocantábrica en Oviedo.
- Colexio Maior América en Oviedo.
- Fábrica de Gas en Oviedo.
- Pavillón Español na Bienal de Venecia de 1952.
En Galiza[editar]
A Vaquero Palacios débeselle a autoría do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, executado entre os anos 1937 e 1942.
Premios e recoñecementos[editar]
- Primeira Medalla de Arquitectura da Exposición Nacional (1930).
- Primeira Medalla de Belas Artes na Exposición Nacional (1952).
- Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).
- Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).