Joaquín Prieto Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Prieto Rodríguez
Nacemento13 de febreiro de 1968
Lugar de nacementoLarouco
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Bautista Prieto Rodríguez, nado en Larouco o 13 de febreiro de 1968, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario do Servizo Galego de Saúde. Nas eleccións municipais de 1995 foi candidato do PPdeG e foi elixido concelleiro e nomeado primeiro tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde José Fernández Estévez en marzo de 1998, foi elixido alcalde de Larouco o 23 de marzo.[1][2] Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Larouco e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Ourense, 12-3-1998, p. 33.
  2. La Voz de Galicia, Ourense, 22-3-1998, p. 33.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Fernández Estévez
 
Alcalde de Larouco
 
1998 - 2019
Sucesor:
Patricia Lamela Rodríguez