Joaquín Núñez de Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Núñez de Couto
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoTenorio
Falecementoabril de 1940
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático, xornalista e político
IrmánsRogelio Núñez de Couto
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Núñez de Couto, nado en Tenorio (Cotobade) e finado en abril de 1940,[1] foi un profesor e agrarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Manuel Ángel Couto e irmán de Rogelio Núñez de Couto. Licenciado en filosofía e letras. Foi profesor no colexio do ex Convento de Beneditinos de Tenorio, director da Academia Figueroa e dos colexios de San Luis Gonzaga de Pontevedra e Lugo (1893) e profesor do Instituto de Lugo. Foi catedrático de Educación Física do Instituto de Ourense e auxiliar de letras dende 1899, e cofundador, co seu irmán Rogelio, e director o colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía, ata 1920 en que o substituíu o seu sobriño Xosé Núñez Búa.[2] Fundou a Sociedad de Agricultores de Vilaxoán, foi presidente da Sociedad de Agricultores de Portonovo e da Federación de Agricultores do distrito de Cambados e participou como propagandista na campaña de axitación da Liga Agrario-Redencionista no verán de 1910. Organizou o Congreso Agrario Provincial de Pontevedra, celebrado en Vilagarcía en xullo de 1915, onde se discutiu e aprobou o programa do Partido Agrario, do que era autor. Xubilouse como catedrático do Instituto de Ourense en 1931. Formou parte como vogal do consello local de Acción Republicana de Ourense que se constituíu en novembro de 1931, presidido por Salvador Brugués.[3]

Foi director de El Eco de la Enseñanza de Lugo (1893), Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza de Ourense (1899) e Boletín del Magisterio de Ourense; colaborou en La Idea Moderna e El Regional, foi redactor-xefe de El Heraldo Gallego e colaborou en Galicia Nueva, La Zarpa e Faro de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 13-4-1940, p. 2.
  2. Viana, Víctor (14 de xullo de 2013). "Núñez Búa, un galeguista comprometido en Vilagarcía". Faro de Vigo. 
  3. La Voz de Galicia, 20-11-1931, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]