Joaquín Maurín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Maurín
Joaquín Maurín
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 12 de xaneiro de 1896
Lugar: Bonansa, Huesca, España
Falecemento: 5 de novembro de 1973
Lugar: Nova York, Estados Unidos
Organización: POUM (e fundador de Bloc Obrer i Camperol)
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político e sindicalista
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Joaquín Maurín Julià, nado en Bonansa (Huesca) o 12 de xaneiro de 1896 e finado en Nova York o 5 de novembro de 1973, foi un político republicano catalán. Fundou o Bloc Obrer i Camperol (BOC), que unido a Izquierda Comunista, de Andreu Nin, formaría o POUM: Partido Obreiro de Unificación Marxista, en 1935.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joaquín Maurín Juliá involucrouse desde novo en actividades políticas, sendo por iso procesado en varias ocasións. Estudou maxisterio, exercendo como mestre en Lleida a partir de 1914, afiliándose á Confederación Nacional do Traballo (CNT), sindicato anarquista creado en 1911. En 1920 foi elixido secretario xeral da CNT de Lleida e director do seu semanario Lucha Social. En 1921 foi enviado coa delegación da CNT ao congreso fundacional da Internacional Sindical Vermella ou III Internacional en Moscova. Tras regresar da Rusia Soviética en outubro de 1921, será elixido Secretario Xeral da CNT, cargo que ocupa ata a súa detención en febreiro de 1922. A partir de ese ano foi un dos organizadores dos Comités Sindicalistas Revolucionarios (CSR), corrente pro-bolxevique dentro da CNT. Como parte da mesma, fundou o semanario La Batalla, en decembro de 1922.

No comezo de 1924 ingresou, xunto o grupo de La Batalla no Partido Comunista de España (PCE), encargándose da organización da Federación Comunista Catalano-Balear (FCCB). A ditadura do xeneral Miguel Primo de Rivera encarcerouno en xaneiro de 1925, permanecendo na cadea ata outubro de 1927. Xa libre, exíliase en París como outros dirixentes do PCE, regresando a Barcelona en 1930. Nos meses anteriores á instauración da II República Maurín volve a editar La Batalla e, oposto á política estalinista do PCE, a Federació Comunista Catalano-Balear que dirixe escíndese do Partido.

O 1 de marzo de 1931, a FCCB fúndese co Partit Comunista Català, dirixido por Ramón Casanellas, nacendo o Bloc Obrer i Camperol (BOC) (Bloque Obreiro e Campesiño), do que Maurín saíu elixido secretario xeral. O novo partido medra de forma saliente durante os dous anos seguintes, converténdose no primeiro partido obreiro de Cataluña. Durante a Revolución de Outubro de 1934 promove a creación das Alianzas Obreiras, que se mostraran efectivas na unidade de todas as organizacións obreiras de Asturias. Tras a derrota da Revolución do 34, o BOC unifícase coa Izquierda Comunista (ata esa altura a organización trotskista española), dirixida por Andreu Nin, en setembro de 1935, dando lugar ao Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), do que Maurín é elixido secretario xeral. O POUM asinou o pacto da Fronte Popular, sendo Maurín votado deputado nas eleccións do 16 de febreiro de 1936.

Ao se producir o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Maurín estaba Galicia, zona onde triunfa a sublevación. Rapidamente tentou pasar para a zona republicana a través de Aragón, pero foi detido en Jaca, e encarcerado polos franquistas. Pasa toda a Guerra Civil en prisión, mais non será xulgado ata 1944. Foi condenado nun consello de guerra a 30 anos de prisión, aínda que será indultado en decembro de 1946. Exíliase en Nova York, coa súa esposa e seu fillo, creando una axencia de prensa e dedicándose ao xornalismo e a escribir. Faleceu o 5 de novembro de 1973.

Predecesor:
Andreu Nin
Secretario Xeral da CNT
maio 1921 - febreiro 1922
Sucesor:
Joan Peiró