Joaquín María Ferrer Echevarría
Joaquín María Ferrer Echevarría, nado en Villena (Alacant) en 1798 e finado en Madrid en 1855, foi un político e xurista español.
Traxectoria [editar]
Membro da Milicia Nacional durante o Trienio liberal, coa restauración do absolutismo emigrou a Francia en 1823. Deputado por Alacant en 1834, exerceu unha oposición sistemática contra o Goberno durante as Cortes do Estatuto Real, e destacou como un dos principais políticos na formación dun programa de reforma liberal que se enlazaría co progresismo. Dende entón e até 1843 ocupou cargos de representación parlamentaria e en 1847 acadou o Senado.
Participou na preparación da Revolución de 1835 en Valencia e foi vicepresidente da Xunta de Goberno insurreccional. Entre 1836 e 1837 foi Ministro da Gobernación e en maio de 1843 ocupou durante dez días a presidencia do goberno. O seu enfrontamento con Espartero motivou a caída do seu gabinete. Tras a derrota de Espartero, ocupou o Ministerio de Xustiza e de novo a Presidencia do Consello de Ministros de xullo até novembro de 1843, cargo dende o cal promoveu adiantar a maioría de idade da raíña Isabel II. Foi tamén alcalde de Madrid en 1840 e maxistrado do Tribunal de Guerra e Mariña en 1854.
| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Baldomero Espartero |
Joaquín María Ferrer Echevarría | Precede a: Antonio González y González |
| Presidente do Goberno de España | ||
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Ficha na web da Presidencia do Goberno (en español)