Joaquín Larrivey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Larrivey
Información persoal
Nome Joaquín Alarcón Larrivey
Nacemento 20 de agosto de 1984
Lugar de nacemento Gualeguay e Buenos Aires
Altura 1.85 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Baniyas
Carreira xuvenil
Huracán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2007 Huracán 94 (39)
2007–2012 Cagliari 99 (16)
2009Vélez Sárs. (ced.) 16 (3)
2010–2011Colón (ced.) 20 (4)
2012–2013 Atlante 14 (2)
2013–2014 Rayo Vallecano 35 (12)
2014–2015 Celta 35 (11)
2015– Baniyas 4 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 28 de setembro de 2015.editar datos en Wikidata ]

Joaquín Óscar Alarcón Larrivey, nado en Gualeguay (Entre Ríos) o 20 de agosto de 1984, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de dianteiro centro. Actualmente xoga no Baniyas SC dos Emiratos Árabes Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debuta profesionalmente na Arxentina co CA Huracán, equipo co que ascendeu a primeira división en 2007, a mediados dese ano foi traspasado ao Cagliari Calcio italiano. Porén neste equipo non chega a ter continuidade polo que sae cedido, primeiro ao CA Vélez Sarsfield e despois ao CA Colón de Santa Fe, finalmente rescinde o seu contrato co Cagliari en 2012 e tras un paso breve polo Atlante FC de México ficha polo Rayo Vallecano por unha tempada[1]. No equipo español fai unha segunda parte do campionato espectacular marcando 12 goles, polo que chama a atención de varios equipos. En xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo[2].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Torneo Clausura Vélez Sársfield Arxentina 2009

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Larrivey, nuevo jugador del Rayo". Marca (en castelán). 2 de agosto de 2013. 
  2. "Larrivey refuerza la delantera del Celta". Marca (en castelán). 16 de xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]