Joaquín Castro Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Castro Arias
Lugar de nacementoSada
Falecemento17 de outubro de 1888
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e avogado
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Castro Arias, nado en Osedo (Sada) e finado en Buenos Aires o 17 de outubro de 1888[1], foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito. Foi promotor fiscal, xuíz de primeira instancia e escribano de cámara da Audiencia de Galicia. Colaborou na Revista Gallega de Legislación y Jurisprudencia, dirixiu El Adalid, El Siglo e El Comercio Gallego. Colaborou en El Telegrama. En febreiro de 1880 fíxose cargo da dirección de El Noroeste até a súa marcha a Arxentina. En Buenos Aires organizou os Xogos Florais e colaborou na Revista Galaica, La España Moderna e La Nación Española.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 16-1-1951, p. 5.