Joaquín Ares Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Ares Díaz
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1961 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Ares Díaz, nado en Guillade (Mondoñedo) en 1880 e finado no mesmo concello en 1961, foi un artesán e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi aprendiz de ebanistaría en Mondoñedo. Trasladouse a Barcelona, onde asistiu a clases nocturnas na Escola de Artes. Regresou a Mondoñedo en 1909 establecendo un taller en Guillade. Na República foi fundador e primeiro presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo, e tamén fundou o grupo da Unión General de Trabajadores del Campo dependente da anterior e a Sociedad de Seguro del Ganado que loitou pola industrialización e modernización das infraestruturas do sector agropecuario mindoniense. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por responsabilidades políticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]