Joaquín Queizán Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Queizán Taboada
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Agolada, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de novembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de marzo de 1975 – 30 de xuño de 1977
← Antonio Ramilo
Alcalde de Pontevedra
1974 – 1979 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Queizán Taboada, nado en Agolada o 6 de xullo de 1928 e finado en Pontevedra o 24 de novembro de 2012[1] , foi un político galego.

Traxectoria

Estudou Dereito na UNED. Foi oficial instrutor de xuventudes e Delegado provincial de Juventudes de Pontevedra (1959-1970). Na década de 1960 foi designado concelleiro en Pontevedra durante as alcaldías de Xosé Filgueira Valverde, Ricardo García Borregón e Augusto García Sánchez. Precisamente substituíu este último como alcalde de Pontevedra, para o que foi nomeado polo ministro da gobernación a finais de xaneiro de 1974,[2] cesando en 1979. Foi elixido procurador en Cortes en 1975.

Foi candidato á alcaldía de Pontevedra como independente nas primeiras eleccións democráticas, e a súa formación obtivo catro concelleiros, insuficientes para gobernar.

Posteriormente foi delegado provincial en Pontevedra da Xunta de Galicia das áreas de Turismo, Xuventude e Deportes, despois de Cultura, Deportes e Benestar Social, e de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública entre 2001 e 2005[3]


Predecesor:
Augusto García Sánchez
 
Alcalde de Pontevedra
 
1974 - 1979
Sucesor:
José Rivas Fontán

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas