Joanot Martorell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoanot Martorell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1413 Editar o valor em Wikidata
Valencia Editar o valor em Wikidata
Morte1465 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Valencia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Valencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcabaleiro Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsJofré Martorell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 5a72136e-60b9-4536-8abd-063a26618696 Discogs: 2284080 Find a Grave: 10760769 Editar o valor em Wikidata
Ilustración do Tirant.

Joanot Martorell, nado en Valencia entre os anos 1405 e 1410 e finado na mesma cidade en 1465, foi un escritor medieval valenciano en lingua catalá. Tirant lo Blanc é a súa obra máis coñecida, xa que é considerada a primeira novela moderna de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo o historiador Jaume Chiner, naceu en Valencia, no seo da liñaxe dos Martorell, unha familia da media nobreza orixinaria de Gandia, mais estabelecida en Valencia dende 1400. O seu avó foi conselleiro real e o seu pai, camareiro do rei Martín o Humano.

De Joanot Martorell, que foi cuñado de Ausiàs March, coñécense bastantes elementos biográficos que nolo mostran coma un cabaleiro vigoroso de vida axitada. Fixo longas estadías en Inglaterra, Portugal e Italia como consecuencia de diversas loitas cabaleirescas ás cales era afeccionado.

En 1433 dátase como o primeiro nomeamento de Joanot como cabaleiro. O escritor valenciano era dos que buscaban pelexas xa que lle gustaban moito as xustas entre cabaleiros, xa fose por razóns de honra ou por intereses máis materiais, e ademais, como é o que facían tódolos cabaleiros sentíase a gusto. De tódalas súas batallas entre cabaleiros temos información a partir de letras de batallas que Martorell escribiu durante toda a súa vida.

O 2 de xaneiro de 1460 comezou a escribir Tirant lo Blanc, morrendo sen descendencia.

Só escribiu esta obra, rica e complexa, insólita e diferente e é por iso que o seu nome está entre os mellores autores da literatura catalá i universal. Mais ao ser escrita en catalán non tivo unha magnitude tan grande como Cervantes porque o catalán era bastante minoritario. A obra ten 487 capítulos e máis de 800 páxinas onde se explica a historia dun cabaleiro chamado Tirant. Os manuscritos da obra foron herdados por Martí Joan de Galva que levou a novel·la á imprenta. Martí Joan morreu seis meses antes da publicación da obra no 1490.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]