Xoana de Arco (telefilme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Joan of Arc")
Xoana de Arco
Título orixinal Joan of Arc
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Christian Duguay
Produtor Peter Bray
Guión Michael Alexander Miller
Ronald Parker
Baseado en
Intérpretes Leelee Sobieski
Peter O'Toole
Jacqueline Bisset
Powers Boothe
Música Asher Ettinger
Charlotte Church
Fotografía Pierre Gill
Montaxe Ralph Brunjes
Estudio
Distribuidor CBC (Canadá)
CBS (USA)
Ano Flag of Canada.svg 11 de xullo de 1999
Galicia 8 de outubro de 2011 (TVG)
Duración 180 minutos (2 partes)
País Flag of Canada.svg Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama, Histórico
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Xoana de Arco (na versión orixinal Joan of Arc) é un telefilme en dúas partes protagonizado por Leelee Sobieski no papel de Xoana de Arco e dirixido por Christian Duguay, que foi estreado en 1999. Estreouse en galego na TVG o 8 de outubro de 2011.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Guerra dos Cen Anos (séculos XIV e XV). En 1412, nace en Domrémy Xoana, a filla duns campesiños. Dende nena ten visións nas que Santa Catarina, San Miguel e Santa Margarida lle encomendan a misión de salvar a Francia dos invasores ingleses. Convence a un oficial para que a escolte ata o castelo de Chinon, onde debe entrevistarse con Carlos, o Delfín de Francia, que aínda non foi coroado rei, xa que a cidade de Reims está en mans dos ingleses. Xoana logra que o Delfín lle proporcione tropas para romper o asedio de Orléans. A doncela de Lorena conduce ós franceses á vitoria. Unha vez liberada Reims, o Delfín é proclamado rei co nome de Carlos VII. Durante unha campaña militar para liberar París, Xoana é capturada polos borgoñóns, que a entregan ós ingleses a cambio de cartos. Acusada de bruxería e herexía, é condenada por un tribunal relixioso, afín a Inglaterra, a morrer queimada no lume (1431). Tiña só 19 anos. En 1920, a Igrexa Católica canonizouna.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]