Joan Monleon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Monleon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Lugar de sepulturaCementeri General de València (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , presentador de televisión , actor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0598291 Discogs: 570716 Find a Grave: 67364754 Editar o valor em Wikidata

Joan Monleon, nado en Valencia o 18 de outubro de 1936 e finado o 28 de decembro de 2009, foi un actor, cantante e presentador de televisión valenciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joan Monleon comezou a súa carreira artística como actor de teatro, afección que compaxinaba co seu traballo nunha orchatería.[1] Na década de 1970 saltou á fama á fronte do grupo de música folk Els Pavesos, unha formación satírica con espírito crítico que recuperaba cancións do folclore valenciano.[2][3] Máis tarde actuou en espectáculos de revista, comedias e en máis dunha vintena de películas. Traballou con directores como Vicent Escrivà (El virgo de Vicenteta, 1979), Carles Mira (Daniya, jardí de l'harem, 1988; Jalea real, 1981), Toni Canet (Amanece como puedas, 1988), Luis García Berlanga (Moros y cristianos, 1987) e Ventura Pons (La rossa del bar, 1986; Puta misèria!, 1989). Nos anos oitenta participa no primeiro programa de radio en valenciano, De dalt a baix, en Radiocadena Española.[4]

No ano 1989, cando se iniciaban as emisións de Televisió Valenciana, a dirección da entidade pública encarga a Joan Monleon a presentación dun programa de variedades en Canal 9, El Show de Joan Monleon. O espazo, que combinaba o xénero do concurso e mais outros, como a entrevista ou o talk show, con elementos da cultura popular valenciana, converteuse axiña nun mito da televisión no País Valenciano. O programa se mantivo do 1989 até ao 1992 e converteu o de Monleon nun dos rostros máis populares da incipiente canle autonómica[3]. Nesta cadea presentou tamén os programas El món de Monleon (1994) e Fem un pacte, que se emitiu no 1996.

Despois, Monleon volveu á radio (Ràdio 9) e continuou realizando colaboracións en obras de teatro e nunha película (Rencor, 2002, de Miguel Albaladejo), e tamén algunhas aparicións puntuais na televisión, como o programa Dora,Dora, presentou na Televisión Española no ano 1994.[4][5] Máis tarde retirouse do mundo do espectáculo. No 2008 foi homenaxeado no Festival de Cine en Valenciano Inquiet de Picassent pola súa achega cultural.[4][6]

Morreu na mañá do 28 de decembro de 2009 no Hospital 9 de Octubre de Valencia, dunha afección cardíaca.[7]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario Crítico, ed. (28/12/2009). "Si Fellini hubiera pasado por Valencia, Monleón saldría en sus películas (entrevista a Carles Gámez)". Consultado o 16/09/2010.  (en castelán)
  2. El País, ed. (02/11/1976). "Reaparición del grupo "Els Pavesos"". Consultado o 28/12/2009.  (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Vilaweb.cat, ed. (28/12/2009). "Es mor l'actor i cantant Joan Monleon". Arquivado dende o orixinal o 20/06/2010. Consultado o 28/12/2009.  (en catalán)
  4. 4,0 4,1 4,2 Levante-EMV, ed. (28/12/2009). "Si he hecho felices a muchos de aquí y del extranjero me siento satisfecho". Arquivado dende o orixinal o 04/01/2010. Consultado o 28/12/2009.  (en castelán)
  5. Televisión Española, ed. (30/04/1994). "Eurovisión 1994 - Xurado TVE 1/2 (com Dora Dora)". Consultado o 28/12/2009.  (en castelán)
  6. Red Teatral (ed.). "Programación Sede SGAE - Fundación Autor 08". Arquivado dende o orixinal o 09/11/2013. Consultado o 28/12/2009.  (en castelán)
  7. Levante-EMV, ed. (28/12/2009). "Adiós al showman valenciano". Consultado o 28/12/2009.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]