Joan March Ordinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joan March Ordinas

Joan March Ordinas "Verga", tamén coñecido como Juan March e como o banqueiro de Franco, nado en Santa Margalida (Mallorca) o 4 de outubro de 1880 e falecido en Madrid o 10 de marzo de 1962, foi un contrabandista, político e financeiro mallorquín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun tratante de gando, de pequeno xa destacou pola súa visión das oportunidades de negocio. Casou con Leonor Servera, filla dun político de Manacor vencellado á banca, o cal facilitoulle as relacións comerciais.

Destacou polo contrabando de tabaco, negocio no que se iniciou en 1906 en Alxer e o 1911 obtivo o monopolio de Marrocos grazas a José Calvo Sotelo dende onde empezou a facer contrabando cara á península.

En 1926 fundou a Banca March.

En 1936 March foi un dos principais financieiros do bando sublevado contra a república, e de feito foi quen pagou o alugueiro do avión que trasladou a Francisco Franco dende Canarias para comezar a guerra.

Fundou a Fundación Juan March.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz Nosty, Bernardo (1977): La irresistible ascensión de Juan March. Barcelona: Ediciones Sedmay, S. A. ISBN 84-7380-240-3.
  • Domínguez Benavides, Manuel (1934): El último pirata del mediterráneo. La escuadra la mandan los cabos. Hai unha reedición de 1999 en: O Castro, Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-774-9.
  • Garriga, Ramón (1976): Juan March y su tiempo. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-3205-620-0.