João Oliveira e Daun, Duque de Saldanha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
João Oliveira e Daun, Duque de Saldanha
Duque de Saldanha, ca. 1870

João Carlos Gregório Domingos Vicente Francisco de Saldanha Oliveira e Daun (Azinhaga, Golegã, 17 de novembro de 1790Londres, 21 de novembro de 1876), 1.º conde, 1.º marqués e 1.º duque de Saldanha,, foi un xeneral e estadista portugués da época do liberalismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

João Carlos de Saldanha Oliveira e Daun ( Lisboa, 1790- Londres, 1876), coñecido popularmente como Saldanha, foi un militar que se distinguiu polo seu heroísmo na Guerra Peninsular, ascendendo ao longo dela con rapidez. En anos posteriores destacaría tamén no Uruguai e no Sur do Brasil, onde loitaría contra José Gervasio Artigas, o heroe independentista uruguaio. De volta a Portugal negaríase a regresar a Brasil, onde debería acudir para submeter o recén proclamado Imperio, alegando falta dos recursos apropiados, polo que seria encarcerado. Mais logo o novo rei o perdoaría. Nos anos seguintes de novo se distinguiría nas guerras civís contra o pretendente D. Miguel, representante das ideas absolutistas en Portugal. Gobernador do Porto en 1825, sería posteriormente xefe de varios gobernos liberais nos que os seus actos serán xulgados como máis controvertidos.