João Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betinho
Leite Río Breogán  – No. 15
Aleiro
Nacemento 5 de maio de 1985 (29 anos)
Flag of Cape Verde.svg Fogo, Cabo Verde
Nacionalidade Flag of Portugal.svg Portugal
Altura 1,99 m (6 ft 6 in)
Peso 96 kg (211 lb)
Liga Flag of Spain.svg LEB
Canteira Barreirense
Carreira dende 2007
Equipos

Portugal Barreirense (2004-2007)
España Cantabria Lobos (2007)
Galicia Breogán (dende 2007)

João Roberto Gomes Correira, máis coñecido como Betinho, nado o 2 de maio de 1985 na Illa de Fogo, Cabo Verde, é un xogador profesional de baloncesto portugués que actualmente milita no Leite Río Breogán. Cunha altura de 1,99 metros xoga na posición de aleiro.

Características[editar | editar a fonte]

João Gomes, "Betinho" como se lle coñece no mundo do baloncesto, é un xogador con excelentes calidades físicas. Poderíase dicir que desenvolve un xogo típico de escolta a pesar de ter o físico propio dun beirado. Posúe un gran primeiro paso xogando un contra un, penetra con ambas as mans e finaliza moi arriba, sendo capaz de parar e tirar. Ten un bo tiro de 3 puntos, balón dobrado, un contra un e é especialmente rápido ao contraataque. A súa mellora é aínda máis evidente no xogo 5*5 onde agora xa axunta o seu físico co coñecemento do xogo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente do FC Barreirense fichou polo Cantabria Lobos na tempada 2007 antes de incorporarse nese mesmo no Breogán, onde xogará dende aquela. É o segundo xogador do actual persoal que participou nun maior número de partidos co equipo, e un dos que máis fai vibrar á bancada coas súas accións espectaculares. Participou no Eurobasket 2007 de España coa Selección de baloncesto de Portugal.

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]