Jiu-jitsu brasileiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jiu-jitsu brasileiro (en xaponés: ブラジルの柔術, Burajiru no jūjutsu) é unha arte marcial brasileira e un estilo de Judo, tamén un deporte de loita, que foi desenvolvido pola familia Gracie, no inicio do século XX, que se tornou, con excepción do propio Judo, a forma máis difundida do jujitsu no mundo. Esa notoriedade é debida principalmente ao éxito nas primeiras edicións dos torneos de artes marciais mixtas no comezo da década de 1990.[1]

O proceso de creación da arte marcial comezou con Carlos Gracie, que adestrou judo co Conde Koma, enviado por mestre Jigoro Kano para divulgar o judo nas Américas, que acabou fixando residencia en Belém do Pará e tivo varios alumnos, sendo os máis destacados os da familia Gracie e Luiz França. Carlos Gracie adaptou despois o judo ao seu porte físico menor e deu con especial apreciación á loita de solo, para superar a desvantaxe que tiña contra adversarios de maior tamaño. Partindo do principio de que nunha loita de solo, cando proxeccións ou mesmo xutes e puñadas non son moi eficientes, mais pancas, si, o porte físico dos loitadores tórnase de menor importancia. Nesa situación, aquel que tiver mellor técnica posuirá consecuentemente a vantaxe.[2]

A pesar do seu nome ser "jiu-jitsu", na verdade, o estilo foi desenvolvido como un forma de especialización e énfase das técnicas de control e loita de solo (ne waza) e (katame waza), e menor atención ás técnicas de loita executadas de pé (tate waza). Por non seren o foco principal da modalidade, os golpes de contusión (atemi waza), acaban sendo coadxuvantes ou intermedio para a execución dun golpe final de submisión do contrario. O nome do estilo de loita da familia Gracie permaneceu como jujutsu porque na época en que os irmáns Carlos e Hélio Gracie, principalmente, compilaron as súas técnicas, o nome "judo" aínda non era de uso común mais Kodokan jujutsu ou mesmo Kano Jujutsu.[3][4][5]

Se non foron orixinais en adaptar unha vella arte marcial, pois mesmo no Xapón ese tipo de cousa xa ocorrera co Aikido e o propio Judo, oriundos do jujitsu, co Karate, oriundo do toshujutsu, ou mesmo noutros lugares do mundo como o Krav maga (Israel) ou a Capoeira rexional (Brasil), Carlos e Hélio Gracie foron orixinais en crear un paradigma con foco na eficacia e na economía de golpes, nun esquema que se mostrou triunfante en competicións, e despois serviu de base do que virían a ser as artes marciais mixtas.[6]

Outra liña de desenvolvemento do jiu-jitsu brasileiro deuse polo traballo de mestre Luiz França, que tamén foi alumno de Conde Koma, no estado do Pará. Algún tempo despois de súa formación na arte marcial, mudouse para a Rexión Sueste do Brasil, por fin radicándose no Río de Janeiro, onde transmitía seus coñecementos con foco na autodefensa.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

O judo xurdiu aínda o século XIX como froito dos estudos e da dedicación do mestre Jigoro Kano, que conseguiu reunir nunha soa escola dous estilos de jujitsu, o Kito-ryu e o Tenjin Shinyo-ryu. Do primeiro estilo foron incorporadas as técnicas de derrubamento e as ideas de control da enerxía propia e a de o opoñente, máis a noción de movemento no lugar e tempo de loita, cando atacar e cando defender, etc. Do segundo, buscáronse as técnicas de loita en chan e os golpes contundentes, como trompazos e patadas, e a disciplina de adestramento dedicado e continuado.[8]

Ao crear a súa propia escola de artes marciais e a súa sede, o Instituto Kodokan, mestre Kano comezou a recibir moitos alumnos e, conforme conseguía máis logros, a fama da escola medraba. A correcta altura, o Kodokan estaba pequeno para o judo, polo que mestre Kano pasou a enviar seus mellores alumnos a outras cidades do Xapón e do mundo, para divulgar e ensinar.

Mitsuyo Maeda

Entre aqueles que procuraron o judo estaba o mozo Mitsuyo Maeda, comezando a practicar judo en 1895, ao redor de 18 anos de idade. Seu adestramento foi moi sucedido e, no fin de 1904, Maeda, portador do 4º dan, comezou a viaxar xunto con Tsunejiro Tomita e Soishiro Satake polo mundo co obxectivo de facer promoción do judo.[9]

En novembro de 1914, Maeda chegou ao Brasil, na cidade de Porto Alegre, no estado do Río Grande do Sul. Despois de continuar viaxando polo interior do país e aínda polo exterior, Conde Koma fixou residencia entre 1915 e 1917 en Belén do Pará, onde viviu ata o seu pasamento.[10][11]

O mestre Otávio Maeda levantou o seu pequeno dojo en Belém e pasou a ensinar judo nunha aula na cal se encontraban, de entre outros, o Carlos Gracie, fillo de Gastão Gracie, e Oswaldo Fadda, fillo de emigrantes italianos.[12]

Así como Maeda, Carlos Gracie non era alto, o que, sumado ao seu porte físico sen moita masa muscular, non lle daba moitas condicións de conseguir afrontar luitadores maiores. Porén, alén da técnica, Maeda ensinaba os principios morais do judo, que incentivaban a superación das adversidades. Vendo que non conseguiría executar con facilidade as técnicas de proxección e as pancadas (nage waza e atemi waza), nin lle favorecían as técnicas en posición arribada (tate waza), Carlos Gracie concentrouse en aprender as técnicas de chan, inmobilización e manexo dos artellamentos.[13][14][15]

Graduación[editar | editar a fonte]

Orde Cinto Idade (anos)
1
Branco
2
Cinza
4 - 6
3
Amarelo
7 - 15
4
Laranxa
10 - 15
5
Verde
13 - 15
6
Azul
16 -
7
Roxo
16 -
8
Marrón
18 -
9
Negro
19 -
10
Negro e vermello
11
Vermello

Técnicas[editar | editar a fonte]

A idea principal que dá fundamento ao conxunto de golpes e movementos do jiu-jitsu brasileiro é eliminar toda e calquera condición ou circunstancia que poida colocar un luitador en situación de moita vantaxe en relación ao outro, e isto ten que ver basicamente con masa muscular e altura. Cando son eliminadas todas as diferenzas de porte e tamaño entre os opoñentes, o que vai facer un sobresair ao outro é precipuamente a técnica, a habilidade.

Se unha persoa é moito máis alta que a outra, terá a vantaxe da envergadura, do alcance dos golpes e do desprazamento. Se unha persoa é moito máis forte, terá esa mesma vantaxe. Porén, hai unha circunstancia que pode relativizar calquera diferenzas e eventualmente facer desaparecer: a loita no chan.

Despois que a loita dirixiuse para o chan, as técnicas do jiu-jitsu usan de conceptos de física, como a panca, de fisioloxía e anatomía humana, como luxacións e bloqueo do fluxo sanguineo, para subjugar o contrario. De modo xeral, as técnicas son organizadas en tres grandes grupos: osaekomi waza, shime waza e kansetsu waza.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walder, Marc (en inglés). Brazilian Jiu Jitsu. London: New Holland.
  2. Wells, Garrison (2012) (en inglés). Brazilian Jiujitsu: Ground-Fighting Combat. Minneapolis: Lerner.
  3. "Conde Koma e as primeiras regras do Jiu-Jitsu no Brasil" (en portugués). http://www.graciemag.com/pt/2013/09/conde-koma-e-as-primeiras-regras-do-jiu-jitsu-no-brasil/. Consultado o 20 de mrzo de 2014.
  4. Freitas,Armando; Vieira, Silvia (2007) (en portugués). O Que É Judô. Casa da Palavra.
  5. "Brazilian Jiu-Jitsu". http://www.warrior-arts.co.uk/melton-brazilian-jiujitsu.html. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  6. Gracie, Renzo; Gracie, Royler; Peligro, Kid; Danaher, John (2001) (en inglés). Brazilian Jiu-Jitsu: Theory & Technique. Invisible Cities Press.
  7. "Grappler, know thy lineage: Luiz França and Oswaldo Fadda for !oth Degree" (en inglés). 23 de xaneiro de 2013. http://www.dstryrsg.com/2012/01/grappler-know-thy-lineage-luis-franca.html. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  8. Bull, Wagner (2012) (en portugués). Aikido, O Caminho Da Sabedoria. A Teoria (19 ed.). São Paulo: Pensamento-Cultrix. p. 447.
  9. "História do judô no Brasil" (en portugués). http://amandajudo.no.comunidades.net/index.php?pagina=1332332842. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  10. "Origem e Historia do Judô" (en portugués). Associação Matos de Judô. http://afmjudo.no.comunidades.net/index.php?pagina=1250830544. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  11. "Mitsuyo Maeda" (en inglés). Carlson Gracie Chicago. http://www.carlsongraciechicago.com/mitsuyo-maeda/. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  12. "The History of Fadda Jiu-Jitsu" (en inglés). http://www.faddajiujitsu.com/history/. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  13. Polverini, Cristina; Barbon, Giancarlo (2005) (en italiano). Capoeira. La danza degli dèi. Roma. p. 66.
  14. "Brazilan Jiu-Jitsu History" (en inglés). http://www.bjjperth.com/fbjjwa/history.html. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  15. "Breve storia del Jiujitsu Brasiliano" (en italiano) (PDF). http://www.shinbudo.it/portal/brazilian-jiujitsu.pdf. Consultado o 23 de marzo de 2014.
  16. Walder, Marc (2008) (en inglés). Brazilian Jiu Jitsu. London: Garfield House.