Jesús Huerta de Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Huerta de Soto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jesús Huerta de Soto Ballester Editar o valor em Wikidata
23 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Profesor universitario
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEspaña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaLiberalismo, libertarianismo (pt) Traducir e anarcocapitalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Director de tesePedro Schwartz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , conferencista (pt) Traducir , Intelectual , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Rei Xoán Carlos
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoAnarcocapitalismo (pt) Traducir e Escola Austríaca de Economía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de abril de 2003Democracia sen rabia Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJuan Ramón Rallo e Gabriel Calzada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjesushuertadesoto.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 2441601

Jesús Huerta de Soto, nado en Madrid en 1956, é un economista español da escola de Viena e doutor en Dereito (1984) e en Ciencias Económicas e Empresariais (1992).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo dous títulos de doutor: en Dereito, en 1984, e en Ciencias Económicas e Empresariais, en 1992, ambos pola Universidade Complutense de Madrid. Foi alumno tamén da Universidade Stanford na que obtivo o título de MBA. Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid desde 1979, actualmente é catedrático na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rei Xoán Carlos. En 1983 obtivo o Premio Extraordinario de Economía Rei Xoán Carlos, sendo o economista máis novo en obtelo.

Huerta de Soto, ademais, pertence ao Instituto Ludwig von Mises, ao equipo de dirección da Sociedade Mont Pelerin, ao consello editorial do Quarterly Journal of Austrian Economics e é co-fundador da Sociedade para o Estudo da Acción Humana. Tamén colabora co Instituto Juan de Mariana de Madrid.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Huerta de Soto, ideoloxicamente falando, afirma a superioridade teórica do anarcocapitalismo sobre o liberalismo clásico.[1] Tamén sostén a necesidade dun cambio total do actual sistema económico: regreso ao patrón ouro e coeficiente de caixa de bancos do 100%. Huerta de Soto comparte con outros pensadores, como Murray Rothbard, a tese de que a Escola de Salamanca no Século de Ouro é un precedente filosófico, xurídico e económico dalgunhas teses libertarias e que é o berce do que hoxe chamamos ciencia económica.[2].

Galardóns[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2005 recibiu o Premio Adam Smith outorgado anualmente polo Centro para a Nova Europa (CNE) pola súa obra científica, de recoñecemento internacional, e as súas achegas á teoría austríaca do ciclo económico no seu libro "Dinero, crédito bancario y ciclos económicos"[3].

En 2009 a Universidade Francisco Marroquín, de Guatemala, outorgoulle un doutoramento honoris causa.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Planes de pensiones privados (1984)
  • Lecturas de Economía Política (1987)
  • Socialismo, Cálculo Económico y Función Empresarial (1992)
  • Estudios de Economía Política (1994)
  • Dinero, Crédito Bancario y Ciclos Económicos (1998)
  • La Escuela Austriaca: mercado y creatividad empresarial (2000)
  • Nuevos estudios de economía política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Revista Procesos de mercado, Liberalismo versus anarcocapitalismo, volume 4 número 2 (2007)
  2. In memoriam M.N. Rothbard, véxase Raíces salmantinas da escola austriaca, por Jesús Huerta de Soto
  3. "Brussels's Capitalist Ball Honours Heroes of Liberty". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2011. 
  4. "Doutoramentos Honoris Causa, Universidade Francisco Marroquín". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]