Jesús Puente Fontanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús Puente Fontanes
Nacemento19 de outubro de 1898
Lugar de nacementoA Estrada
Falecemento5 de xuño de 1937
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jesús Ignacio Puente Fontanes, nado na Cardavella (parroquia de Guimarei, no concello da Estrada) o 19 de outubro de 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiña unha xastrería na rúa Pérez Viondi da Estrada. Vinculado ao sindicato agrario de Guimarei, figurou na candidatura do Centro Republicano que gañou as eleccións municipais de 1931, e foi elixido concelleiro e nomeado tenente de alcalde na corporación que presidiu Juan Manuel Rodríguez Seijo. Cando no outono de 1934 hai unha crise no goberno municipal, pasou a ocupar a alcaldía, pero o 15 de outubro foi detido por orde militar debido aos sucesos de Asturias, aínda que foi liberado en poucos días. Foi Secretario de Propaganda de Izquierda Republicana en 1935. O 5 de maio de 1936 constituíuse a Comisión Xestora Municipal que o elixiu como alcalde presidente da mesma. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Pontevedra por rebelión militar. Sentenciado a pena de morte, foi executado na Avenida de Bos Aires de Pontevedra o 5 de xuño de 1937 xunto cos tenentes de alcalde Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, e os republicanos Cándido Tafalla Froiz, Manuel Nogueira González e José María Pena López.[1] En 1939 abríronlle expediente de responsabilidade civil.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 5-6-1937, p. 2.
  2. El Compostelano, 4-1-1939, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Juan Manuel Rodríguez Seijo
 
Alcalde da Estrada
 
1936
Sucesor:
Pedro Gil Crespo