Jesús Posada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús María Posada Moreno, nado en Soria o 4 de abril de 1945 é un político e funcionario español.
Traxectoria [editar]
Foi gobernador civil de Huelva (1979-1981), presidente da Junta de Castilla y León (1989-1991) e ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (1999-2000) e de Administracións Públicas (2000-2002) do Goberno español. É deputado pola provincia de Soria dende 1993 e dende 2011 é o presidente do Congreso dos Deputados.