Jesús Orgeira Muíño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Orgeira Muíño
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xaneiro de 2011 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Orgeira Muíño, nado en 1943 e finado o 20 de xaneiro de 2011[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1983 formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Cerceda, encabezada por Fernando Martínez González, e foi elixido concelleiro. Mantívose na oposición ata que en decembro de 1985 foi elixido alcalde logo da dimisión do aliancista Manuel Barreiro Espasandín, tras lograr o apoio dos concelleiros electos nas listas do PGI (nese momento integrados en Coalición Galega) e outro concelleiro independente integrado nas filas socialistas. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 1992 seis dos concelleiros do PSdeG-PSOE e un do PPdeG presentaron unha moción de censura contra el por favorecer supostamente a unha empresa da súa propiedade e foi substituído na alcaldía polo seu ata entón compañeiro Fernando Martínez González. A finais de 1994 resultou inhabilitado xunto con Martínez González. En 1995 fundou o PINCE, o cal encabezou seu fillo e logrou 1 concelleiro. En 1999 concorreu xa como candidato do PINCE e logrou 1 concelleiro, ó igual que no 2003 á fronte do CDI. En 2004 foi condenado xunto con Fernando Martínez González por un delito de falsidade electoral cometido en 1986. En 2007 retirouse definitivamente da política e apoiou a candidatura do alcalde socialista José García Liñares.


Predecesor:
Manuel Barreiro Espasandín
 
Alcalde de Cerceda
 
1985 - 1992
Sucesor:
Fernando Martínez González

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]