Xesús María Barrientos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jesús María Barrientos Antelo»)
Infotaula de personaXesús María Barrientos
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Añobres, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Muxía
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xesús María Barrientos Antelo[1], tamén citado como Jesús María[2], nado en Añobres (Moraime, Muxía) en 1945, é un empresario e político galego. Foi alcalde de Muxía 14 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Barrientos emigrou á Arxentina e nunca volveu[2], así que de moi neniño tivo que traballar nunha casa de labranza. Escolarizado, traballou como albanel e, á volta do servizo militar montou empresa de seu[2], dedicada á albanelería e á construción, onde traballou até a súa xubilación.

Na década de 1970 vinculouse á cámara agraria e deseguido presentouse ás primeiras eleccións democráticas en Muxía encabezando unha candidatura independente. Foi elixido alcalde co apoio de UCD, e foi reelixido nas municipais de 1983 pola Coalición Popular cunha ampla maioría absoluta. Nas eleccións de 1987 presentouse pola CPG, e foi de novo reelixido alcalde, e como na ocasión anterior cunha ampla maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados provinciais desta formación á moción de censura presentada na Deputación da Coruña polos socialistas de Salvador Fernández Moreda, fronte ó aliancista José Manuel Romay Beccaría.

Nas eleccións de 1991 presentouse polo PSdeG-PSOE e gañou novamente, pero sen maioría absoluta, e perdeu a alcaldía tras apoiaren os concelleiros do PPdeG o único edil do BNG. De novo candidato do PSdeG nas municipais de 1995, logrou recuperar a alcaldía grazas a que desta vez si acadou o apoio do BNG, pero en setembro dese mesmo ano viuse obrigado presentar a súa renuncia á alcaldía logo de ser inhabilitado.

Tras isto abandonou a política durante uns anos, pero tras cumprir a inhabilitación en 2002 volveu presentarse como independente na candidatura do CDI (unha forza que conseguiu bastante apoio na bisbarra da Costa da Morte) nas municipais de 2003, e foi o único concelleiro elixido por esa formación. En 2007 abandonou a política para dedicarse á empresa.


Predecesor:
Antonio Barros Valiña
 
Alcalde de Muxía
 
1979 - 1991
Sucesor:
Xoán Bautista Pose Paz
Predecesor:
Xoán Bautista Pose Paz
 
Alcalde de Muxía
 
1995
Sucesor:
Alberto Blanco Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou dúas veces, a primeira na década dos sesenta con Matilde Varela, a mestra que lle dera clase[2][1], e a segunda en 2006 con Pilar Lago Mato[3]. Tivo un fillo (empresario[4]) e dúas fillas (entre elas Mercé Barrientos).

En 2008 sufriu un ictus[2].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Fontes rumorosas do concello de Muxía (2020), sobre as fontes e lavadoiros de Muxía, escrito a canda a súa filla Mercé Barrientos[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fallece Matilde Varela, que fue maestra muchos años en Muxía". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-12. Consultado o 2021-06-14. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rodríguez, Melissa (2020-11-05). "Jesús María Barrientos, de Muxía: «Con tan só seis anos fun traballar para a casa dun labrador moi duro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-14. 
  3. "Boda «política» en Muxía". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-10-28. Consultado o 2021-06-14. 
  4. "Un devoto sufraga la desinfección del simbólico santuario de A Barca". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-05-16. Consultado o 2021-06-14. 
  5. "Jesús María e Mercé Barrientos presentan «Fontes rumorosas do Concello de Muxía»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-14. Consultado o 2021-06-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]