Jerónimo Saavedra Acevedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerónimo Saavedra Acevedo

16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011
Precedido por Josefa Luzardo
Sucedido por Juan José Cardona

11 de xuño de 1983 – 30 de xullo 1987
Vicepresidente Juan Antonio Martín
Precedido por Ninguén
Sucedido por Fernando Fernández Martín

11 de xullo de 1991 – 2 de abril 1993
Vicepresidente Manuel Hermoso
Precedido por Lorenzo Olarte Cullén
Sucedido por Manuel Hermoso

14 de xullo de 1993 – 3 de xullo de 1995
Presidente Felipe González Márquez
Precedido por Juan Manuel Eguiagaray
Sucedido por Joan Lerma

3 de xullo de 1995 – 5 de maio 1996
Presidente Felipe González Márquez
Precedido por Gustavo Suárez Pertierra
Sucedido por Esperanza Aguirre

15 de xuño de 1977 – 26 de maio 1983

3 de marzo de 1996 – 6 de xullo 1999


20 de xullo de 1999 – 22 de xullo 2003

8 de maio de 1983 – 14 de xullo de 1993

13 de xuño de 1999 – 25 de maio de 2003

Datos persoais
Nacemento 3 de xullo de 1936 (78 anos)
España España Las Palmas de Gran Canaria
Partido Partido Socialista Obrero Español

Jerónimo Saavedra Acevedo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de xullo de 1936, é un político socialista canario. Foi presidente do goberno de Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993, así como ministro de Administracións Públicas (1993-1995) e ministro de Educación e Ciencia (1995-1996) de España. Entre 2007 e 2011, coa vitoria nos comicios municipais por maioría absoluta, foi alcalde de Las Palmas de Gran Canaria.

Saavedra é doutor en Dereito e diplomado en Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial.

Historia política[editar | editar a fonte]

En 1972 comeza a militar no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión Xeral de Traballadores (UGT), sendo elixido en 1977 Secretario Xeral do Partido Socialista Canario (PSC-PSOE) e entre 1976 e 1983 membro do Comité Executivo da UGT. Foi deputado polo PSOE pola provincia das Palmas nas primeiras Cortes Constituíntes (1977), volvendo a ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1979, 1982 e 1989.

Foi Presidente do Goberno de Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993.

Ministro de Administracións públicas (1993-1995) e Ministro de Educación e Ciencia durante a última lexislatura de Felipe González Márquez como presidente do goberno (1995-1996).

Senador a Cortes en 1996 e de 1999 a 2003.

No ano 2000 revelou que era homosexual no prólogo do libro "Outing en España".

Presentouse á alcaldía de Las Palmas de Gran Canaria nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 polo Partido Socialista Canario (PSC-PSOE), nas que obtivo maioría absoluta.[1] Foi investido alcalde o 16 de xuño de 2007.

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Deputado por Las Palmas no Congreso dos Deputados. (1977-1983)
  • Secretario xeral do PSC-PSOE. (1977-1997)
  • Presidente do Goberno de Canarias (1982-1987; 1991-1993)
  • Deputado por Las Palmas no Parlamento de Canarias. (1983-1993)
  • Ministro de Administracións Públicas. (1993-1995)
  • Ministro de Educación e Ciencia. (1995-1996)
  • Deputado por Las Palmas no Parlamento de Canarias. (1996-1999)
  • Senador designado polo Parlamento de Canarias. (1999-2003)
  • Alcalde de Las Palmas de Gran Canaria. (2007-2011)
  • Portavoz do PSOE no Concello de Las Palmas de Gran Canaria. (2011)
  • Deputado do Común de Canarias (2011- )

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ninguén
Logotipo del PSOE.svg
Secretario xeral do PSOE de Canarias

19771997
Sucesor:
Juan Carlos Alemán
Predecesor:
Ninguén
Canary Islands CoA.svg
Presidente do Goberno de Canarias

19831987
Sucesor:
Fernando Fernández Martín
Predecesor:
Lorenzo Olarte Cullén
Canary Islands CoA.svg
Presidente do Goberno de Canarias

1991-1993
Sucesor:
Manuel Hermoso
Predecesor:
Juan Manuel Eguiagaray Ucelay
Escudo de España (mazonado).svg
Ministro de Administracións Públicas de España

19931995
Sucesor:
Joan Lerma
Predecesor:
Gustavo Suárez Pertierra
Escudo de España (mazonado).svg
Ministro de Educación e Ciencia de España

19951996
Sucesor:
Esperanza Aguirre
Predecesor:
Josefa Luzardo Romano
Escudolaspalmasgc.png
Alcalde de Las Palmas de Gran Canaria

20072011
Sucesor:
Juan José Cardona