Jens Weissflog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jens Wissflog

Jens Weissflog, nado o 21 de xullo de 1964, é un antigo saltador de esquí alemán.

Carreira[editar | editar a fonte]

Weissflog naceu en Erlabrunn, na cordal de Erzgebirge. Con dezanove anos gañou o Torneo dos Catro Trampolíns co equipo da República Democrática Alemá na tempada 1983/84, nese inverno gañou a Copa do Mundo combinada e máis tarde o salto de trampolín normal nas Olimpiadas de Invierno de 1984 en Saraxevo. Durante doce anos estivo nos primeiros postos da competición internacional, nin a súa entrada no equipo da Alemaña unificada nin a mudanza das técnicas de salto da técnica paralela ó [[estilo V] arredor de 1993 frearon os seus éxitos. En 1994 gañou dous ouros, en trampolín grande individual e por equipos nas Olimpiadas de 1994 en Lillehammer. En 1996 retirouse da competición tras ser o primeiro en gañar o Torneo dos Catro Trampolíns catro veces.

Nos campionatos do Mundo de Esquí Nórdico gañou dous ouros, 1985 e 1989 en trampolín individual, tres pratas, 1989 en trampolín grande individual e 1984 e 1995 en trampolín grande por equipos, e catro bronces en 1991 e 1993 en trampolín grande individual e en 1985 e 1991 en trampolín grande por equipos.

Weissflog gañou o Festival de esquí de Holmenkollen dúas veces (1989 e 1990) e recibiu a medalla Holmenkollen medal en 1991 (compartida con Vegard Ulvang, Trond Einar Elden e Ernst Vettori).

Tras finalizar a súa carreira deportiva rexenta un hotel en Oberwiesenthal e é comentarista deportivo da canle de televisión alemá ZDF.