Jennifer Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJennifer Hudson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jennifer Kate Hudson Editar o valor em Wikidata
12 de setembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEnglewood (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónDunbar Vocational High School (en) Traducir
Langston University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , artista , actriz de cinema , portavoz , música , cantautora , actriz de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRhythm and blues, R&B contemporâneo (pt) Traducir, música pop e Soul Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoArista
Jive
J Records
RCA Records Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaCommon (pt) Traducir (2023–)
David Otunga (pt) Traducir (2008–2017) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjenniferhudsononline.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1617685 Allocine: 144071 Rottentomatoes: celebrity/jennifer_hudson Allmovie: p454405 TCM: 10028291 TV.com: people/jennifer-hudson IBDB: 390928
Facebook: jenniferhudson Twitter: IAMJHUD Instagram: iamjhud MySpace: jenniferhudson Youtube: UCrdLOfTvb9EKlyRoJTMVNgQ Spotify: 35GL8Cu2GKTcHzKGi75xl5 iTunes: 72909049 Last fm: Jennifer+Hudson Musicbrainz: 95b5d5b5-46c4-4c3e-89d5-ffe9236427ac Songkick: 584477 Discogs: 658286 Allmusic: mn0000266129 WikiTree: Hudson-15526 Deezer: 134163 Editar o valor em Wikidata

Jennifer Kate Hudson, nada en Chicago (Illinois) o 12 de setembro de 1981, é unha cantante e actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a cantar aos sete anos no coro da igrexa, ademais de facer teatro comunitario. En xaneiro de 2002 asinou un contrato coa compañía independente Righteous Records, mais foi liberada do contrato para que puidese participar no concurso American Idol en 2004. Entrou na terceira temporada do concurso o 6 de abril e foi eliminada dúas semanas despois.

En novembro de 2005 foi contratada para o papel de Effie White no filme Dreamgirls, baseado no musical homónimo, que supuxo o seu debut no cinema. En novembro de 2006 asinou un novo contrato con Arista Records.[1]

Co papel de Effie White, Hudson gañou en 2007 vinte e nove premios cinematográficos, entre eles o Oscar á mellor actriz secundaria. O seu primeiro álbum de estudio, Jennifer Hudson, foi publicado en setembro de 2008.

En outubro de 2008 a súa nai, Darnell Donnerson, de 57 anos, e o seu irmán, Jason, de 29 foron atopados mortos na casa que Donnerson compartía coa outra irmá, Julia,[2] e o seu sobriño, Julian King, de 7 anos estaba desaparecido.[3] Tres días despois o FBI atopou o corpo do neno.[4] Willian Balfour, ex marido de Julia, foi acusado dos tres cargos de asasinato.

En 2010 converteuse na voceira de Weight Watchers.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Jennifer Hudson (2008)
  • I Remember Me (2011)
  • JHUD (2014)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema
Ano Título Personaxe Notas
2006 Dreamgirls Effie White
2008 Sex and the City Louise
2008 The Secret Life of Bees Rosaleen Daise
2009 Winged Creatures Kathy Archenault Tamén coñecida como Fragments
2011 Winnie Mandela Winnie Mandela
2012 The Three Stooges Sister Rosemary
2013 The Inevitable Defeat of Mister & Pete Gloria
2013 Black Nativity Naima[6]
2014 Lullaby Nurse Carrie
2016 Chiraq

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jennifer Hudson signs with Clive Davis". TODAY.com (en inglés). Consultado o 2021-01-22. 
  2. Wikinews contributors (2008-10-25). "Mother, brother of singer Jennifer Hudson found murdered, others reported missing". Wikinews. 
  3. "Mother, brother of Jennifer Hudson killed". ABC Local. 24 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 25 de outubro de 2008. 
  4. "Body found in SUV linked to Hudson shootings". CNN. 27 de outubro de 2008. Consultado o 27 de outubro de 2008. 
  5. Tan, Michelle (1 de abril de 2010). "Jennifer Hudson Is the New Face–and Body!–of Weight Watchers". People. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2015. 
  6. "Jennifer Hudson, Jordin Sparks in Inevitable Defeat of Mister and Pete". digitalspy.co.uk. 23 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]