Jeffrey Dahmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJeffrey Dahmer

(1978) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Jeffrey Lionel Dahmer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1960 Editar o valor em Wikidata
Milwaukee, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Columbia Correctional Institution, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida na cabeza e traumatismo cranioencefálico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaMilwaukee
West Allis (pt) Traducir
Município de Bath (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Revere High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,83 m Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónasasino en serie , soldado , confeiteiro (pt) Traducir , violador en serie Editar o valor em Wikidata
Período de actividadexullo de 1978 Editar o valor em Wikidata - xullo de 1991 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarSarxento Editar o valor em Wikidata
Outro
PaisLionel Dahmer Editar o valor em Wikidata  e Joyce Flint (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado por16 asasinato
→ (cadea perpetua)
exhibición indecente
disorderly conduct (en) Traducir
abuso sexual infantil
intoxicación pública Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0197213 Musicbrainz: 08aea1c1-f4d9-4d52-aa46-c91c9b16627f Discogs: 1290388 WikiTree: Dahmer-16 Find a Grave: 5186 Editar o valor em Wikidata

Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, alcumado coma O Caníbal de Milwaukee ou O Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e agresor sexual estadounidense, responsábel do asasinato e desmembramento de 17 homes e rapaces entre 1978 e 1991.[1] Moitos dos seus derradeiros crimes incluían a necrofilia, canibalismo e ata a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente, todo ou parte do esqueleto.[2]

Malia ser sido diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica[3] e cun trastorno psicótico, foi declarado legalmente cordo logo do seu xuízo. Foi condanado por 15 dos 16 asasinatos que cometeu en Wisconsin e sometido, o 17 de febreiro de 1992, a unha sentenza de 15 cadeas perpetuas. Após, e do mesmo xeito, Dahmer foi condanado a unha décimo sexta pena por outro homicidio cometido en Ohio no 1978.[4]

O 28 de novembro de 1994, Jeffrey Dahmer foi mallado ata a morte por Christopher Scarver, un compañeiro de cárcere da 'Columbia Correctional Institution' (CCI), localizada en Portage, Wisconsin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jeffrey Dahmer naceu o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, no estado de Wisconsin, Estados Unidos. Os seus pais foron Lionel Dahmer e Joyce Flint.[5][6]

A diferenza doutros psicópatas criminais que sufriron na súa infancia maltrato físico e psíquico, este asasino foi un neno amado polos seus pais, os cales lle proporcionaron todo o posíbel para a súa axeitada educación e boa vida social. O seu pai era químico e a súa tarefa obrigaba a familia a trasladarse con frecuencia.[7]

Tras reiteradas mudanzas, en 1967 a familia mercou unha casa en Bath, Ohio, onde Jeffrey pasou o resto da súa nenez e adolescencia.

Dahmer era considerado polos seus compañeiros coma alguén "raro", extravagante, e que tiña problemas co alcohol. Antes de cumprir 18 anos os seus pais divorciáronse, e o seu pai volveu casar meses despois. O seu pai e a súa nova esposa convencérono para ir á universidade, e en outono de 1978 ingresou na Universidade Estatal de Ohio, pero debido aos seus problemas de alcohol abandonouna no seguinte semestre. En 1979 o seu pai convenceuno para entrar ao exército, a raíz do que foi enviado a Alemaña, onde permaneceu poucos anos, até que foi dado de baixa polo seu alcoholismo. E despois de vivir un tempo en Florida, volveu á súa casa en Ohio.

O 25 de setembro de 1988 mudouse a un apartamento en Milwaukee. Ao día seguinte ofreceulle 50 dólares a un rapaz laosiano de 13 anos para posar para unhas fotografías, pero drogouno e abusou del. Os pais realizaron a denuncia e o 30 de xaneiro de 1989 foi encontrado culpable, pero só permaneceu no cárcere 10 meses antes de ser liberado.

Crimes[editar | editar a fonte]

En xullo de 1978, encontrou a Steven Hicks facendo autostop, e levouno á súa casa. Dahmer tiña a fantasía de recoller autoestopistas e deitarse con eles. Unha vez na súa casa, decatouse de que Hicks lle interesaba, e cando este quixo marchar, Dahmer golpeouno na cabeza cun peso para logo estrangulalo. Logo desmembrouno e púxoo en bolsas de plástico, e meteunas no seu coche con intención de botalas por un barranco. A medio camiño a policía detívoo por conducir demasiado á esquerda. Preguntáronlle polas bolsas que levaba no asento traseiro e Dahmer contestou que era lixo. Crérono, e como pasou o test de alcoholemia, puxéronlle unha multa por conducir fóra do seu carril e deixárono ir.

Volveu á súa casa cos restos do cadáver e levounos ao soto, exceptuando a cabeza, coa cal subiu ao baño do segundo piso, onde a lavou e a apoiou no chan para masturbarse. Posteriormente volveuna levar co resto do corpo, e gardou as partes do cadáver nunha canalización da casa. Despois de abandonar a universidade e volver do exército, desenterrou os restos, destruíu os ósos, e esparexeunos na maleza.

Tralo seu primeiro asasinato sentiuse culpable e asustado, intentou reprimir os seus desexos sexuais-homicidas acudindo á igrexa, deixando o alcohol, e manténdose en estado de celibato. Viviu así un tempo, o que explica que pasasen case dez anos ata o seu seguinte crime. Pero co tempo pensou que podía intentar satisfacer algúns dos seus desexos sen facerlle dano a ninguén, volveu beber e empezou a frecuentar lugares de ambiente gay. En 1986 foi detido por exhibicionismo público, pouco antes quixera desenterrar un mozo morto había uns días, para gozar do seu corpo.

En setembro de 1987, coñeceu a Steven Toumi nun bar gay. Alí beberon moito e foron ao seu cuarto de hotel. Dahmer non lembra como o asasinou, só que cando espertou á mañá descubriu que estaba morto. Para desfacerse do cadáver, mercou unha maleta, na que o meteu, e levouno ao soto da casa da súa avoa. Alí tivo sexo co cadáver, desmembrouno, e botouno ao lixo. Quedou coa cabeza, a cal ferveu e branqueou, para despois expoñela coma trofeo no seu cuarto.

Algúns meses despois coñeceu a súa próxima vítima, Jamie Doxtator, un mozo de catorce anos que roldaba as portas dos bares de ambiente homosexual en busca de alguén para ter relacións. Desta forma tamén coñeceu a Richard Guerrero en marzo de 1988.

Mentres era procesado por abuso de menores en 1989, Dahmer coñeceu a Anthony Sears nun bar. Ofreceulle cartos para sacarlle unhas fotografías e levouno á casa da súa avoa onde o estrangulou, tivo sexo co seu cadáver, e o desmembrou. El quería que os seus amantes quedasen na casa e ante a negativa destes matábaos. Despois de cumprir a súa condena por abuso e de mudarse ao seu departamento en Milwaukee, Dahmer asasinou doce persoas máis ata xullo de 1991.

A súa táctica era sempre similar, invitábaos a ver pornografía ou a sacarse unhas fotos, poñíalles unha droga na bebida, estrangulábaos, tiña sexo, e masturbábase enriba do corpo. Logo tomaba fotografías do corpo e de cada etapa do desmembramento. Adoitaba empregar ácidos para desfacer a carne e os ósos, pero adoitaba conservar a cabeza e os xenitais coma trofeo. Outra das súas características era comer parte das súas vítimas, dáballe a sensación de que comezaban a formar parte del.

En maio de 1991 levou a Konerak Sinthasomphone ao seu departamento, irmán do mozo polo que foi procesado por abuso. Alí drogouno e realizoulle unhas trepanacións no cranio para inxectarlle ácido no cerebro. Dahmer quería ter control sobre as súas vítimas, e a súa intención ao realizar as trepanacións era convertelos nunha especie de "zombis". O mozo conseguiu fuxir cando Dahmer saíu a tomar unha cervexa a un bar, e ao correr nu polas rúas os veciños alertaron a policía. Cando se decatou de que fuxira, perseguiuno, e tivo que enfrontarse á policía e a unha multitude de curiosos.

O rapaz non podía falar porque estaba atordado polo ácido que Dahmer lle inxectara. Dahmer argumentou que o mozo era o seu amante de 19 anos que estaba alcoholizado. Os policías acompañáronos até o departamento e creron a súa historia. Se tivesen revisado o apartamento terían encontrado un cadáver nun dos cuartos, amais de miles de probas doutros asasinatos. Sinthasomphone foi estrangulado ese día. A policía creu a Jeffrey e depositaron o moribundo novo nunha cadeira. Nin sequera rexistraron nin viron o santuario macabro que tiña na casa, e saíron correndo ante o fedor que desprendía o interior. Posteriormente dixo que se afeccionou a crear un zombi porque quería un amante silencioso, que fixese todo o que el lle pedía, e que quedase facéndolle compañía.

Detención, cárcere e morte[editar | editar a fonte]

O 22 de xullo de 1991, Tracy Edwards, a súa última vítima, conseguiu fuxir esposado. A policía viuno e esta vez decidiron investigar. Foron ao apartamento do home que o esposara, e ao revisar o cuarto descubriron varias fotografías de cadáveres, restos humanos, e unha cabeza no conxelador. Dahmer intentou fuxir, pero foi detido. Edwards ademais foi identificado ao saír a explicar o seu caso en televisión, coma acusado dunha violación a unha rapaza pouco tempo antes. Na súa casa atopáronse as paredes cheas de rastros de sangue, corpos mutilados, sete cranios, e demais ósos. Días despois veciños de Dahmer dispararon ás portas da súa casa ante o horror que causaron os seus crimes.

Os psiquiatras que o atenderon dixéronlle que estaba enfermo, polo que se declarou culpábel con atenuante de alienación mental, para ser condenado a un cárcere especial para enfermos mentais, pero o atenuante foi rexeitado finalmente. En principio declarárase inocente, pero cambiou a súa declaración pola gran cantidade de probas atopadas no seu contra. O xurado entón declarouno mentalmente san e por consecuencia foi finalmente sentenciado a 15 cadeas perpetuas consecutivas.

Foi enviado ao Columbia Correctional Institute en Portage, onde foi entrevistado polo perito en perfís criminais do FBI, Robert K. Ressler. Este famoso experto coincidiu en que, para defensa da sociedade, o condenado tiña que permanecer encerrado durante o resto dos seus días. Non obstante, destacou que debía ser internado nun hospital psiquiátrico e non nun cárcere común, posto que era un enfermo mental, aínda que ás veces parecese estar no seu san xuízo e racionalizase a súa conduta.[8][9]

O criminal admitiu ter practicado o canibalismo e devorando os bíceps dun dos seus asasinados. Sinalou que se masturbaba ante os anacos humanos e as caveiras daqueles que consideraba fermosos e aos cales non quería perder. Contou aos policías que tiña a sensación de poder permanecer ao lado deles se os mataba e conservaba os seus cranios. Declarou tamén que as tres cabezas achadas na súa neveira e no seu conxelador, coa carne intacta, pertencían ás súas tres últimas vítimas.[10]

Foi enviado ao Columbia Correctional Institute en Portage, onde para a súa seguridade non tiña contacto cos presos comúns. Pero pediu ás autoridades ter máis relación cos outros presos, polo que comezou a comer con eles e realizou algunhas tarefas de limpeza. O 28 de novembro de 1994 precisamente realizaba tarefas de limpeza con Christopher Scarver, un esquizofrénico afroamericano, e con Jesse Anderson quen asasinara á súa esposa e culpara a un home negro.

Dahmer era acusado de ter motivos raciais nos seus homicidios, algo que el desmentía. Pero a combinación de presos presentes nesa oportunidade era moi perigosa, o cal desatou unha pelexa na que Dahmer e Scarver remataron feridos de gravidade. Os gardas finalmente atoparon a Dahmer e Anderson feridos; o primeiro morreu de camiño ao hospital e o segundo dous días máis tarde. Scarver dixo que golpeou a Dahmer dúas veces na cabeza cunha barra de metal da sala de pesos. Logo matou a Anderson, quen estaba a traballar nunha sala diferente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jeffrey Dahmer's Inferno". Vanity Fair. 
  2. Masters, Brian (1993). The shrine of Jeffrey Dahmer. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  3. "Explaining Evil, Volume 1". 
  4. Campbell, Duncan. Murder in mind. 
  5. Robert K. Ressler (8 de febreiro de 2004). "Confesiones de una mente peligrosa". Página/12. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  6. Ivan Gil Bermejo (29 de marzo de 2008). "Jeffrey Dahmer, el carnicero de Milwaukee" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. 
  7. Gabriel Pombo, Historias de asesinos, Carlos Álvarez, Montevideo, Uruguay (2010), páx. 227, ISBN 978-9974-611-38-2.
  8. Robert K. Ressler, Tom Schachtman, Dentro del Monstruo: Un intento de comprender a los asesinos en serie, editorial Alba, Barcelona, España (2003), páx. 186, ISBN 84-8428-199, 848428199X, 9788484281993.
  9. Jaime Valero, Dentro del monstruo: un intento de comprender a los asesinos en serie (comentario sobre el libro de Robert Ressler) Arquivado 06 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., sitio dixital 'Papel en blanco', 10 de setembro de 2008.
  10. Anne E. Schwartz, El hombre que no mató lo suficiente: Los macabros secretos del carnicero de Milwaukee, Ediciones Grijalbo, Barcelona, España (2004), páx. 61, ISBN 84-253-2039-9 e 9788425320392.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]