Jeff Xavier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeff Xavier
Ford Burgos  – No. 19
Escolta
Nacemento 7 de setembro de 1985 (29 anos)
Flag of the United States.svg Pawtucket, Rhode Island, Estados Unidos
Nacionalidade Flag of Cape Verde.svg Cabo Verde
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 82 kg (181 lb)
Liga Flag of Spain.svg LEB
Internacional 5 veces con Cabo Verde
Universidade Providence
Carreira dende 2009
Equipos Estados Unidos Manhattan Jaspers (2004-2006)
Estados Unidos Providence Friars (2007-2009)
Galicia Leite Río Breogán (2009-2010)
España Cáceres Ciudad del Baloncesto (2010-2011)
España Palencia Baloncesto (2011-2012)
España CB Atapuerca (2012-2013)
España CB Tizona (2013-presente)
Premios 1× Máximo anotador do Campionato de África de seleccións (2009)

Jeffrey Nunes Xavier, nado o 7 de setembro de 1985 en Pawtucket, Rhode Island (Estados Unidos), é un xogador profesional de baloncesto internacional caboverdiano que actualmente xoga para o Ford Burgos da Liga LEB. Cunha estatura de 1,85 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jeff Xavier graduouse no instituto St. Raphael Academy da súa cidade de natal, Pawtucket, en 2004, recibindo unha bolsa para xogar ao ano seguinte coa Universidade de Manhattan na NCAA. As súas boas actuacións nesa universidade fixéronlle chegar unha oferta da Universidade de Providence, á cal non rexeitou. Segundo o regulamento da competición o troco de universidade supón unha penalización dun ano sen xogar, tempo que se adicou a adestrar, para finalmente poder xogar dúas temporadas cos Providence Friars.

Finalizada a súa etapa universitaria recibiu unha oferta do "Orlando National Tournament", incorporándose despois á selección nacional de Cabo Verde, coa que disputou o torneo "African Championships in Libya", conseguindo ser finalmente máximo anotador do campionato con 27,2 puntos por encontro. Posteriormente sería contrato para xogar na Liga LEB polo Club Baloncesto Breogán de Lugo, onde na tempada 2009-2010 conseguiu media de 12,9 puntos, 1,9 rebotes e 1,5 asistencias por encontro.

Equipos[editar | editar a fonte]

  • Flag of the United States.svg Rahael Academy. Estados Unidos.
  • Flag of the United States.svg Manhattan Jaspers. NCAA (2004-2006)
  • Penalización por troco de universidade. (2006-2007)
  • Flag of the United States.svg Providence Friars. NCAA. (2007-2009)
  • Galicia Breogán de Lugo. Liga LEB. (2009-2010)
  • España Cáceres 2016. Liga LEB. (dende 2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]