Jeff Widener

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeff Widener en Grecia, 2010

Jeff Widener (nado en 1956) é o fotógrafo da Associated Press que tomou a imaxe mundialmente coñecida como O rebelde descoñecido en 1989 durante as protestas da Praza Tian'anmen. A fotografía mostra a un home protestando desarmado e solitario ante unha columna de tanques que avanzaban por unha avenida de Pequín.

Widener tomou a foto dende o sexto piso do Hotel Beijing, dende preto de 800 metros de distancia, cunha lente de 400mm. Foi nominado para o Premio Pulitzer por "Spot News Photography" en 1990 por isto.

No ano 2006, el traballa como fotógrafo da Honolulu Advertiser.

Widener gañou numerosos premios da Society of Professional Journalists e quedou en segundo lugar en imaxe no 2004 nos premios da National Press Photographers Association. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]