Jeff Pendergraph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeff Pendergraph
Indiana Pacers – No. 29
Ala-pivote/Pivote
Información persoal
Nacemento 29 de abril de 1987 (26 anos)
Flag of California.svg Ontario, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Universidade Arizona State (2006-2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 31

Escollido por Sacramento Kings

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2009-10)
Indiana Pacers (2011-presente)
Información en nba.com

Jeff Curtis Pendergraph, nado o 29 de abril de 1987 en Ontario, California, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Índice

Traxectoria deportiva [editar]

NBA [editar]

Pendergraph foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Sacramento Kings, e os seus dereitos foron traspasados poucos despois aos Portland Trail Blazers. Asinou un contrato cos Blazers o 8 de setembro de 2009.[1] O seu primeiro partido na NBA foi o 22 de decembro de 2009 contra os Dallas Mavericks, onde anotou 2 puntos en 4 minutos de xogo.

Foi cortado polos Blazers antes do comezo da tempada en 2010 tras sufrir unha lesión nun encontro de postempada contra os Utah Jazz que non lle permitiría xogar no resto da tempada.

Asinou polos Indiana Pacers para a tempada 2011-12, e estivo moito tempo apartado do equipo debido a unha lesión no xeonllo sufrida o 10 de decembro de 2011.[2]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]