Jeff Koons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeff Koons at the 2009 Tribeca Film Festival.jpg

Jeff Koons, nado en York (Pennsylvania) en 1955, é un artista estadounidense. A súa obra destaca polo uso do kitsch e a súa frecuente monumentalidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jeff Koons estudou pintura no Instituto de Arte de Chicago e no Colexio de Arte de Maryland. Traballou como corredor de bolsa en Wall Street antes de establecerse como artista. Comezou a facerse notar na década dos 80s e abriu un obradoiro cun persoal de 30 axudantes manexado de modo similar ao célebre estudio de Andy Warhol coñecido como The Factory.

Koons foi quizais o primeiro artista en empregar os servizos dunha axencia de publicidade para promover a súa imaxe.

Dada a natureza da súa arte, Koons foi en repetidas ocasións obxecto de demandas legais por violación aos dereitos de autor, non sempre obtendo veredictos favorábeis nas cortes.

Casado en 1991 coa actriz pornográfica italiana Ilona Staller (Cicciolina), ambos tiveron un fillo ao ano seguinte chamado Ludwig. A parella disolveuse e a nai fuxiu a Europa onde aínda vive co fillo de ambos a pesares de que as cortes estadounidenses fallaran a custodia do infante a favor de Koons.

Jeff Koons está entre os artistas vivos máis cotizados dos Estados Unidos.

Obra[editar | editar a fonte]

Puppy (Cachorro) Museo Guggenheim, Bilbao.

Clasificada ás veces como minimalista e Neo-pop, a súa obra consistía inicialmente en escultura conceptual que foi adquirindo monumentalidade (Puppy). Até a data, Koons incursionou na escultura da instalación, a pintura e a fotografía.

Jeff Koons aparece como artista na década dos 80s, en plena época consumista, onde a exaltación do superfluo é evidente. Hai que recordar que non careceu de grandes polémicas ao longo da súa vida. De todo o gran ámbito consumista xurde a súa obra, a cal pretende conmover e criticar isto de forma perturbadora e á vez cun toque de humor un tanto malévolo. Entra aquí igualmente a influencia dos medios, que se aproveitan totalmente do despilfarro da masa. Emprega obxectos cotiáns e de valor mínimo para conseguir o seu obxectivo, ao igual que o fixo Duchamp, colocándoos en galerías, iluminados e carentes da súa antiga función. Tamén son frecuentes nalgunhas das súas obras a aparición de mozas pin-up, xoguetes inchábeis e demais obxectos da clase media. A idea é a principal característica que debe coroar a obra. Os seus obxectos provocan unha especie de burla a cal vai encamiñada directamente cara a influencia da maioría da poboación polos mass media e a publicidade.

Sorprendentemente a través da publicidade, a cal enmarca como provocante da actitude da masa, faise un importante oco para tratar sobre os soños da clase media e a busca ansiada de fama, diñeiro e estilo de vida (algo do que Jeff Koons se aproveitou durante gran parte da súa vida)

Para el a clase media sempre pensou no efémero e se bastou do máis simple para a súa convención.

A súa obra é de grande importancia dentro da historia da arte xa hoxe en día, xa que o seu propósito e a idea son coherentes en tódolos seus sentidos. Ademais, o tema que sempre traballou foi do máis apropiado para a época.

A maioría das súas obras van á corrente da arte conceptual, minimalista e pop; aínda que moitos críticos denominárono como o principal artista kitsch. Con obras como Banalitty, Jeff Koons teno todo para ser unha estrela no mercado da arte, con pezas tan kitsch coma el.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jeff Koons