Jean de Joigny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jean de Joigny, ás veces castelanizado como Juan de Juni (1506 – 1577), escultor borgoñón que realizou o máis importante do seu traballo en España ao longo do século XVI. É considerado como un dos mellores representantes do maneirismo en España.

Índice

[editar] Biografía

Nado en Joigny, Francia, en 1506 , moi probablemente se perfeccionou en Italia, aínda que puido recibir influencias da escultura dese país a través de artistas italianos ambulantes. Arredor de 1533 aparece en Castela, onde traballaría o resto da súa vida, inicialmente en León, onde se documenta o seu traballo por vez primeira; logo en Medina de Rioseco, e en 1540 en Salamanca, e posteriormente en Valladolid, onde fixaría o seu domicilio. Nesa cidade falecería no ano 1577 .

Juni non só traballou a escultura exenta, senón que ergueu tamén magníficos retábulos, dos que mesmo fixo as trazas, e dos que fican consumados ejemplos, como o da catedral de El Burgo de Osma (1550) ou da igrexa de Santa María la Antigua, en Valladolid (1545).

Con Alonso Berruguete debe considerarse como o fundador da “Escola escultórica de Valladolid”, que se estende a longo do século XVI con estes e outros escultores, para prolongarse no século XVII, sobretodo con Gregorio Fernández, e atinxir aínda o século XVIII con Luis Salvador Carmona.

[editar] Estilo

O seu estilo mantén o patetismo expresivo propio da arte borgoñona, talvez herdado do gran Claus Sluter, ao que se suma a influencia de Miguelánxelo, pois o retorcemento angustioso das figuras de Juni emparéntase con a terribilitá do italiano. Autor de figuras de grande tamaño, traballou principalmente a madeira, pero ás veces tamén se achegou ao mármore. O seu traballo lento, no dicer dos contemporáneos, revela, porén, unha árdua planificación do traballo.

[editar] Discípulos

O seu fillo, Isaac de Juni, foi un dos seus discípulos directos, e tamén o francés Juan de Angés. Aínda que ambos traballaron na Galiza, é sobretodo a través do último, é do seu fillo Juan de Angés o Novo, como o estilo de Juni se espallou polo Noroeste peninsular.

[editar] Obras

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas