Jean d'Orbais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jean d'Orbais, nado en 1175 e finado en 1231, foi un arquitecto do Gótico, francés.[1]

O primeiro arquitecto da catedral de Reims proviña das obras que se realizaban na igrexa abacial de Orbais. Tiña coñecemento das catedrais de Laon, Chartres e Soissons, o que lle permitiu realizar unha síntese admirable.

Os traballos da catedral comenzaron do lado do arcebispado, partindo do costado meridional do transepto e do coro. Elévase a construción da ábsida, do transepto e do coro e execútase gran parte da nave, os seis grandes piares do lado norte partindo do cruce e, dous do lado sur, os que separan a quinta trabe. As partes do coro parecen desprazar o nivel do triforio e comprenden as xambas das ventás altas até a carga por encima dos capiteis das bóvedas.

D’Orbais construíu gran parte da nave, até a cuarta trabe e levantou os muros exteriores, a excepción da cornixa. Realizou os traballos até o ano 1228, no que foi despedido polo arcebispo Henri de Braisne.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Harvey, John (1950). The Gothic World. Batsford.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]