Jean Froissart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Froissart
Nacementoc. 1337
Lugar de nacementoValenciennes
Falecementoc. 1405 e c. 1410
Lugar de falecementoChimay
NacionalidadeFrancia
Ocupacióncronista, historiador, cóengo, poeta, escritor e heraldista
Coñecido porCrônicas de Froissart, Le paradis d'amour, L'espinette amoureuse, La prison amoureuse, L'orloge amoureus, Lais amoureus, Meliador, Ballades, Virelays, Chants royaux, Rondeaux, Pastourelles, Serventois, La court de may, Le debat dou cheval et dou levrier, La plaidoirie de la rose et de la violette, Le dit de la marguerite, Le dit dou florin, Le dit dou bleu chevalier, Le joli buisson de jonece, Le joli mois de mai, Le temple d'Honneur e Historical poem
Na rede
IBDB: 111692
Musicbrainz: ed00ee10-68db-4f0c-adaa-89f9503215cc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Jean Froissart

Jean Froissart, nado en Valenciennes contra 1337 e finado despois de 1404, foi un dos máis importantes cronistas da Francia medieval. As súas crónicas foron consideradas como a expresión máis importante do renacemento cabaleiresco que tivo lugar en Francia e Inglaterra durante o século XIV (á que Johan Huizinga chamou O Outono da Idade Media). É unha das fontes principais para a primeira metade da Guerra dos Cen Anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pouco que se sabe del provén das súas crónicas e poesías. Naceu en Valenciennes, condado de Hainaut. O seu pai fora pintor heráldico e comezou o oficio de comerciante, pero abandónao para entrar no clero. Con 24 anos, cunha carta de recomendación do rei da Bohemia tórnase poeta e, dalgunha maneira, historiador oficial da corte de Filipa de Hainaut, esposa de Eduardo III de Inglaterra. As memorias do tempo que pasa ao servizo de Filipa (1361-1369) mestúranse con outros feitos do que foi testemuña no primeiro libro das súas crónicas. A aproximación que fai ás fontes históricas e ao oficio de cronista, amósanos un historiador preocupado coa súa metodoloxía.

Viaxa por toda a Gran Bretaña e por Francia, Flandres e a Penísula Ibérica, recollendo materiais de primeira man para as súas Crónicas. Asiste en Milán ao matrimonio do fillo de Filipa Leonel de Antuerpen, coa filla de Galeazzo Visconti, a que tamén presenciaran outros autores que marcarán a época: Chaucer e Petrarca.

Despois da publicación do primeiro libro e da morte de Filipa, ira beneficiar da protección da duquesa Juana de Brabante. Foi recompensado co beneficio eclesiástico de Lestines, poboación próxima de Binche. Froissart chegou a ser cóengo de Chimay, o que lle permitiu novas viaxes para acumular máis material de traballo ao estar libre de preocupacións financeiras.

En 1395, volveu a Inglaterra, e móstrase decepcionado coas mudanzas que observa interpretándoos coma o fin da cabalaría. Descoñécense a data e as circunstancias da súa morte, parece que faleceu en Santa Monegunda de Chimay.

O músico inglés Edward Elgar compuxo unha abertura titulada Froissart.