Jean Denis Attiret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jean Denis Attiret (Dole 1702Pequín 1768) Pintor e sacerdote xesuíta francés, misioneiro en China.
Estudou arte en Roma e fíxose un nome como retratista, durante a súa etapa de seminarista pintou a catedral de Aviñón. En 1737 marcha a China, onde o emperador Qianlong deulle o título de "Pintor do emperador", debido á insistencia do emperador para que empregara o método e o estilo do país, converteuse en chinés polo seu estilo, a maioría das súas obras son naturalistas: árbores, froitas, peixes e outros animais, aínda que tamén retratou aos cortesáns.