Jean Clottes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Clottes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Espéraza, Francia Editar o valor em Wikidata
Q104050221 Traducir
Presidente French Prehistoric Society (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , arqueólogo , antropólogo , rock art specialist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMinistério da Cultura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIsabelle Pébay-Clottes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Jean Clottes, nado en 1933 en Espéraza (Aude) é un prehistoriador francés, especialista do paleolítico superior e da arte rupestre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos secundarioss no liceo (lycée) de Carcasona de 1944 a 1950 e os seus estudos superiores en Tolosa Despois duns anos de profesor no liceo de Foix, emprende os estudos de prehistoria. A súa tese foi sobre os dolmens de Lot. Docteur ès lettres et sciences humaines desde 1975, foi director de Antigüidades prehistóricas da rexión Mediodía-Pireneos. Antigo conservador xeral do Patrimonio no ministerio de Cultura, do que foi conselleiro científico sobre a arte prehistórica.

Tamén é presidente do ICOMOS [1] e responsábel do estudo científico da gruta Chauvet e da Cosquer.

Teoría do xamanismo parietal[editar | editar a fonte]

Realizou un importante traballo para tratar de comprender o cadro conceptual das pinturas rupestres, que puido relacionar co xamanismo. A apariciónn do libr Les chamanes de la Préhistoire escrito en colaboración con D. Lewis-Williams permitiulle avanzar varios argumentos no sentido do recoñecemento dunha sociedade paleolítica entrada na práctica de ritos xamánicos. A obra foi á vez innovadora e criticada, o que levou ao autor a precisar os seus puntos de vista, insistindo no feito de que se trataba máis ben dunha hipótese científica plausíbel e non de afirmacións non fundamentadas. Hoxe en día a teoría do xamanismo á comunmente aceptada no medio científico cando se fala das realizacións parietais nas grutas ornamentadas paleolíticas.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cavernes de Niaux
  • Art Préhistorique en Ariège
  • La Grotte Cosquer, con Jean Courtin
  • Les Chamanes de la Préhistoire, con David Lewis-Williams, éditions du Seuil ISBN 2-02-028902-4
  • La préhistoire rancontée à mes petits-enfants
  • L'Art des cavernes préhistoriques, Phaidon.
  • Grotte Chauvet, éditions du Seuil ISBN 978-2-02-102208-7
  • Miquel Barceló, en colaboración con Alberto Manguel e Éric Mézil, éditions Actes Sud e Collection Lambert, 2010 ISBN 978-2-7427-9142-2
  • Cosquer redécouvert, en colaboración con Jean Courtin e Luc Vanrell, Editiions du Seuil, 2005. ISBN 978-2020655507
  • Les Cavernes de Niaux, Art préhistorique en Ariège, éditions Errance, 2010.
  • La France préhistorique, un essai d’histoire (dir.), Gallimard, 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O ICOMOS, Comité internacional dos monumentos e os sitios (da sigla en inglés International Council on Monuments and Sites é unha asociación civil non gobernamental, con sede en París (Francia) ligada á ONU, a través da Unesco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]