Jean Calas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Calas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1698 Editar o valor em Wikidata
Lacabarède, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de marzo de 1762 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Morte na fogueira Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata


Jean Calas, nado en 1698 e finado en 1762, era un comerciante téxtil de Tolosa coñecido por ser xulgado polo seu protestantismo e condenado a morte, converténdose nun símbolo da intolerancia relixiosa en Francia canda Pierre-Paul Sirven e Jean-François de la Barre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A detención do pai.
Maison Calas.
Ilustración dun libro inglés coa morte de Calas na roda.

Jean Calas e a súa dona eran protestante nunha Francia que tiña como relixión oficial o catolicismo e aínda que as persecucións iniciadas no tempo de Lois XIV na época recuaran e había unha certa tolerancia cara ao protestantismo aínda existía intolerancia no seo da sociedade francesa, así a pesar que dos seus fillos xa se convertera ao catolicismo en 1756 ao aparecer morto na noite do 13 ao 14 de outubro de 1761 comezaron os rumores que fora o pai quen o matara para evitar a súa abxuración da fe protestante; interrogada a familia primeiro declararon que fora asasinado por un intruso pero logo recoñeceron que o atoparan morto e para evitar a denigración que na época tiña o suicidio finxiran que fora un crime violento. Non llo creron e o 9 de marzo de 1762 o parlamento de Tolosa condenouno a morte na roda que se cumpriu o día seguinte mentres o axustizado clamaba a súa inocencia, outro dos seus fillos, Pierre, tivo que marchar ao desterro. Voltaire, coñecedor do caso, sospeitando que se trataba dun caso de fanatismo antiprotestante visitou o fillo máis pequeno, Donat, que estaba refuxiado en Xenebra e tras falar con el e solicitar máis información a coñecidos de Tolosa quedou convencido que se resolvera inxustamente [1], obsesionado[2] co caso comezou unha campaña para revisar a sentecia afirmando que o fillo cometera suicidio por débedas de xogo e non ser capaz de rematar a universidade se o confesaba, Voltaire escribiu máis de 100 cartas sobre o asunto tivo éxito e en 1765 declarouse ao finado Jean Calas inocente de todos os cargos e a súa familia recibiu 36000 francos do rei como compensación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lisa Silverman Tortured subjects: pain, truth, and the body in early modern France:University of Chicago Press, 2001, páxina 158
  2. Ian Davidson Voltaire: a life : Profile Books, 2010, páxina 320