Jean Bazaine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Bazaine

Jean Bazaine, nado en París o 21 de decembro de 1904 e finado en Clamart o 4 de marzo de 2001, foi un pintor e artista plático francés. Membro da École de Paris, a súa pintura representa un humanismo e unha abstracción que tende cara a cor e o atemporal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou co escultor Paul Maximilien Landowski e literatura na Sorbona. En 1924 logo de realizar dúas viaxes por Italia comeza a pintar. A súa primeira exhibición realizouna en 1930 cun grupo no que estaban Jean Fautrier, Jean Pougny e Marcel Gromaire e en 1932 realizou a súa primeira exposición individual.

Entre as súas obras destacan a serie de policromos para a igrexa de Assy (1950) e un gran mural cerámico en Audincourt, realizou tamén mosaicos para a Unesco (1958) e o palacio de Luxemburgo (1987).. Escribiu críticas de arte para as revistas Temps Présent e Poésie 43, foi autor de Notes sur la peinture d'aujourd'hui (1948)