Jean-Honoré Fragonard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Jean-Honore Fragonard")
Autorretrato
Les hasards heureux de l'escarpolette ("A randeeira"), óleo sobre tela de Jean Honoré Fragonard, pintado en 1767.

Jean Honoré Fragonard, nado en Grasse o 5 de abril de 1732 e finado en París o 22 de agosto de 1806, foi un pintor francés, un dos discípulos mais notábeis de François Boucher. Logo dun período de estudos na Italia volta ao seu país natal, iniciando un período de grande actividade. As súas obras mais coñecidas son "O Bico Furtivo" e "A randeeira".


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debuxante e retratista nacido en Grasse, considerado un dos derradeiros expoñentes do período rococó, caracterizado por unha arte alegre e sensual, e un dos máis antigos precursores do impresionismo. Estudou pintura en París e mudouse a Roma (1756), onde se impresionou coa obra de Giovanni Battista Tiepolo. Protexido do abade e amante das artes Richard de Saint-Non, viaxaran pola Italia pesquisando as obras dos grandes mestres ata que ambos fixaran a súa residencia en París (1761). A súa consagración veu coa presentación no Salón de París (1765) co enorme lenzo de tema tráxico, O sumo sacerdote Coreso sacrificándose para salvar a Calirroé, que foi adquirido polo rei Luís XV. Entrou na Academia Real (1765) e casouse (1769) con Marie-Anne Gérard, e novamente viaxou a Italia, onde pintou unha série de debuxos de vistas e paisaxes. Retornando a París (1773), reduciu a súa pintura de paisaxes con pequenas figuras, pasando a dedicarse a reprodución de escenas domésticas e sentimentais. Na última fase da súa vida, pobre e case esquecido, pintou escenas de amor e da natureza e morreu en Paris.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean-Honoré Fragonard