Javier Pérez de Cuéllar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJavier Pérez de Cuéllar

(1982) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Javier Felipe Ricardo Pérez de Cuéllar y de la Guerra Editar o valor em Wikidata
19 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 2020 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPresbítero Matias Aquino (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Peru to France (en) Traducir
2002 – 31 de decembro de 2004
135º Presidente do Conselho de Ministros do Peru (pt) Traducir
22 de novembro de 2000 – 28 de xullo de 2001
← Federico Salas (en) TraducirRoberto Dañino (en) Traducir →
Minister of Foreign Affairs of Peru (en) Traducir
22 de novembro de 2000 – 28 de xullo de 2001
← Fernando de TrazegniesDiego García-Sayán (en) Traducir →
Secretariado das Nacións Unidas
1 de xaneiro de 1982 – 31 de decembro de 1991
← Kurt WaldheimBoutros Boutros-Ghali →
Ambassador of Peru to Poland (en) Traducir
1969 – 1971
Ambassador of Peru to the Soviet Union (en) Traducir
1969 – 1971
Ambassador of Peru to Switzerland (en) Traducir
1964 – 1966 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLima Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontifícia Universidade Católica do Peru (pt) Traducir
Colégio San Agustín (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDiplomacia e Dereito internacional Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , diplomático , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnion for Peru (en) Traducir (1994–2004) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYvette Roberts-Darricau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0701874 Discogs: 2740814 Find a Grave: 207640986 Editar o valor em Wikidata


Javier Pérez de Cuéllar Guerra, nado en Lima o 19 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 2020, foi un avogado e diplomático peruano que se converteu no quinto Secretario Xeral das Nacións Unidas entre 1982 e 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e carreira diplomática[editar | editar a fonte]

Estudou dereito e ingresou en 1940 no Ministerio de Exteriores do Perú. En 1944 entrou a formar parte do Servizo Diplomático, e foi enviado como embaixador do Perú a Francia, Reino Unido, Bolivia, Brasil, Suíza, a Unión Soviética (sendo o primeiro embaixador do Perú neste país), Polonia e Venezuela.

En 1961 volveu para Lima para desenvolver os cargos de director do Departamento Xurídico, director da Administración, director de Protocolo e director de Asuntos Políticos. En 1966 conseguiu que o nomeasen viceministro e Secretario Xeral de Relacións Exteriores, baixo a presidencia de Belaunde Terry.

Foi designado polo seu país como delegado na Asemblea Xeral da ONU en 1946, para converterse en representante nas Nacións Unidas desde 1971 ata 1975. Representou ao Perú no Consello de Seguridade da ONU entre 1973 e 1974, desenvolvendo a función de Presidente do Consello durante o conflito de Chipre de 1974. O 18 de setembro daquel ano foi nomeado representante especial do Secretario Xeral en Chipre, cargo que ocupou ata 1977, cando volveu ao seu cargo no Ministerio de Exteriores do Perú.

O 27 de febreiro de 1979 foi nomeado Secretario Xeral Asistente das Nacións Unidas para Asuntos Políticos concretos. Desde abril de 1981 alternou este cargo co de Representante Persoal do Subsecretario Xeral durante a crise de Afganistán. Con esta condición viaxou a Afganistán e Paquistán durante abril e agosto daquel ano para proseguir as negociacións de paz iniciadas polo subsecretario xeral meses antes.

En maio de 1981 volveu ao Ministerio de Exteriores do Perú, continuando porén como representante do Subsecretario Xeral na crise de Afganistán ata a súa designación como Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Secretario Xeral das Nacións Unidas[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1982 Javier Pérez de Cuéllar tomou posesión do seu cargo de Secretario Xeral das Nacións Unidas, en substitución de Kurt Waldheim. Foi o primeiro latino en ocupar este cargo, e o primeiro suramericano.

O 10 de outubro de 1986 foi reelixido para continuar cun segundo mandato, que iniciou o 1 de xaneiro de 1987. Os membros do Consello de Seguridade solicitaron a realización dun terceiro mandato de Pérez de Cuéllar se ben o diplomático peruano non aceptou a oferta e renunciou ao cargo o 31 de decembro de 1991. En outubro de 1987 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Durante o seu mandato vai levar directamente as negociacións entre Arxentina e o Reino Unido durante a guerra das Malvinas ao igual que promoveu as accións do Grupo de Contadora para a consecución da paz en América Central. As Nacións Unidas interviñeron nas negociacións para a independencia de Namibia, o conflito do Sáhara Occidental entre Marrocos e a Fronte Polisario, así coma no conflito de Chipre. Durante o seu mandato os Cascos Azuis das Nacións Unidas foron galardoados co Premio Nobel da Paz en 1988.

Profesor[editar | editar a fonte]

Traballou tamén como profesor de dereito Internacional na Academia Diplomática do Perú e como profesor de Relacións Internacionais na Academia de Guerra Aérea do Perú. É autor do Manual de Dereito Diplomático (Manual of Diplomatic Law), 1964.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Logo da súa retirada das Nacións Unidas volveu para o seu país, onde optou ás eleccións presidenciais de 1995, co partido Unión por el Perú, e perdeu diante de Máximo San Román.

Entre o 25 de novembro do 2000 e o 28 de xullo de 2001 foi nomeado primeiro ministro e ministro de Exteriores do Perú durante o goberno de transición de Valentín Paniagua logo da caída de Alberto Fujimori.

Inmediatamente despois asumiu o cargo de embaixador do Perú en Francia e na UNESCO, ao que renunciou o 22 de xullo de 2004. O 31 de decembro daquel ano renunciou á actividade diplomática e retirouse da vida política activa. Viviu retirado en París, onde en xullo de 2005 sufriu un infarto, do que se recuperou con ben. Foi membro da Comisión de Ética do Comité Olímpico Internacional.

Condecoracións e homenaxes[editar | editar a fonte]

O embaixador Javier Pérez de Cuéllar recibiu o doutoramento honoris causa nas seguintes universidades:

Con motivo do seu octoxésimo aniversario recibiu na Universidade de Lima unha significativa homenaxe onde ditou unha conferencia maxistral sobre relacións internacionais.

Principais premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]