Javier Etcheverría de la Muela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Javier Etcheverría»)
Javier Etcheverría de la Muela
Nacemento29 de maio de 1933
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónbanqueiro
PaiDomingo Etcheverría Naveyra
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Etcheverría de la Muela, coñecido usualmente como Javier Etcheverría, nado na Coruña o 29 de maio de 1933, é un banqueiro galego.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Domingo Etcheverría Naveyra, que fora alcalde de Betanzos, licenciouse en dereito na Universidade Complutense de Madrid, exercendo como avogado antes de incorporarse en 1960 ao negocio familiar, o Banco Etcheverría, que fundara en 1877 o seu antepasado o vasco-francés Juan Etcheverry, de nacionalidade francesa, que se establecera en Betanzos e fundara unha fábrica de curtidos de pel, que chegou a ser unha das máis importantes de Galicia, e mais o banco.[2]

En 1964 o banco familiar transformouse en sociedade anónima. Os principais accionistas eran membros da familia Etcheverría: Domingo Etcheverría e os seus fillos, que contaban cun 60 % do seu capital inicial de 10 millóns de pesetas. Francisco Javier foi, sucesivamente, director xeral, vicepresidente e presidente do banco, que pasara a ter un capital social de máis de 500 millóns de pesetas nos anos 1990.[2]

En 2002 o Banco Etcheverría, presidido por Francisco Javier, e Caixa Galicia, chegaron a un acordo polo que a caixa adquiriu o 37,12 % do banco por 13,25 millóns de euros.[3]

En abril de 2013 o banco venezolano Banesco adquiriu o 44,73 % de Banco Etcheverría a NCG Banco, herdeiro dos activos financeiros de Caixa Galicia, así como parte da participación da familia Etcheverría. Desta maneira, o 69,74 % do capital social de Banco Etcheverría pasou a ser propiedade da entidade venezolana. Ademais, o presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, foi nomeado vicepresidente do consello de administración de Banco Etcheverría, quedando Francisco Javier Etcheverría como presidente.[4]

En abril de 2014, Banesco, vencedor da poxa de NCG Banco a través do Banco Etcheverría, anunciou que suprimiría a marca Novagalicia Banco cando se materializara a adquisición de NCG Banco e se substituiría por unha nova.[5]

O 26 de xuño de 2014, a nova marca Abanca foi presentada en Santiago de Compostela, con Fracisco Javier Etcheverría como presidente e Juan Carlos Escotet como vicepresidente.[6]

O empeño persoal de Francisco Javier Etrcheverría en que a sede social de Abanca se encontre en Betanzos responde ao seu desexo de vincular esta nova entidade coa exitosa e case tricentenaria banca familiar, que el presidiu durante décadas.

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

Foi vogal do Consello Superior Bancario até a súa extinción, conselleiro da Asociación Española de Banca (AEB) e vogal do padroádego da Fundación de Estudos Bancarios.[2]

Desde a a data da fundación de Abanca,[6] até o 26 de xuño de 2017, Javier Etcheverría desempeñou o cargo de presidente o consello de administración desta entidade, sendo substituído polo seu vicepresidente e principal accionista Juan Carlos Escotet.[7][8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado fillo adoptivo de Betanzos o 26 de setembro de 2014.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]