Jason Derulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jason Derulo
Derulosign.png
Jason-Derulo by-Adam-Bielawski 2010-01-12.jpg
Jason nos premios KissFM en 2010
Nome completo Jason Joël Desrouleaux
Alias Jason Derulo
Naceu 21 de setembro de 1989 (24 anos)
Orixe Miami Flag of the United States.svg
Ocupación (s) Cantante, compositor, bailarín
Xénero Pop, R&B
Instrumento(s) Voz,
Selo(s) discográfico (s) Warner Bros. Records
Tempo en activo 2007 - actualidade
Ficha na IMDb

Jason Joël Desrouleaux, nado en Miami (Florida) o 21 de setembro de 1989, é un cantante, compositor e bailarín estadounidense de orixe haitiana, máis coñecido como Jason Derulo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira escribindo cancións para diversos cantantes estadounidenses. No ano 2009 lanza o seu primeiro sinxelo "Whatcha Say" co selo Warner Bros. Records. O sinxelo alcanzou fama mundial, liderando as listas de éxitos en Estados Unidos, España, Reino Unido, Ucraína ou Canada e vendendo máis de 2 millóns en iTunes, Amazon e outras plataformas.

O segundo sinxelo de Jason foi, "In My Head", lanzado en decembro de 2009, foi un éxito de vendas tamén, logrando encabezar a lista Billboard dos Estados Unidos. O seu primeiro álbum, Jason Derülo, lanzouse o 2 de marzo de 2010 a nivel mundial. O seu segundo álbum, Future History, lanzouse o 16 de setembro de 2011, o primer sinxelo deste álbum, "Don't Wanna Go Home chegou ó primer posto nas listas do Reino Unido. O 24 de setembro de 2013 sacou o seu tercer álbum, Tattoos.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Jason naceu no Rulo, Miami o 21 de setembro de 1989 de padres haitianos. Fixo concertos dende os 5 anos, e aos 8, escribiu a súa primeira canción, "Crush On You".

Estudou ópera, teatro e ballet na súa xuventude. Estudou na Dillard Center for the Arts en Fort Lauderdale, Florida e graduouse na American Musical and Dramatic Academy, en Nova Iorque

Carreira[editar | editar a fonte]

2006 - 2010: Comezos e Jason Derülo[editar | editar a fonte]

O 4 de Agosto de 2009, Jason lanza o seu primeiro sinxelo, "Whatcha Say, que chega ao alto das listas internacionais rapidamente.

O seu álbum debut, Jason Derülo, lánzase o 2 de marzo de 2010. Ese mesmo ano, faría de abreconcertos para a xira polos Estados Unidos de Lady Gaga.

2011 - 2012: Future History e outros eventos[editar | editar a fonte]

En 2011, Jason grava xunto a Demi Lovato o sinxelo, "Together" para o seu álbum Unbroken. O seu segundo álbum, Future History lánzase o 27 de setembro de 2011.

2013 - actualidade: Tattoos e Dirty Talk[editar | editar a fonte]

O abril 16 de 2013, Derulo edita o seu sinxelo, "The Other Side" que chega ás radios o 23 de abril de 2013. Derulo anunciaba mediante Twitter que o seu terceiro álbum se chamaría "Tattoos". O álbum era editado o 24 de setembro de 2013. O segundo sinxelo do álbum, "Talk Dirty", era lanzado internacionalmente o 27 de xullo de 2013 (dixitalmente). "Talk Dirty" chegou ao terceiro posto nas listas internacionais.

O 15 de Abril de 2014 lanzarase o seu cuarto álbum, Talk Dirty.

Xiras[editar | editar a fonte]

Xiras de abreconcertos[editar | editar a fonte]

Xiras propias[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Nome Data de lanzamento
Jason Derülo 2 de marzo de 2010
Future History 16 de setembro de 2011
Tattoos 20 de setembro de 2013
Talk Dirty 15 de abril de 2014

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2010 Turn the Beat Around El mesmo
2012 Everybody Dance Now El mesmo, maestro de danza Tempada 1
2012 State of Georgia) El mesmo Tempada 1, "The Popular Chicks"

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Ano Organización Premio Traballo Resultado
2010 Teen Choice Awards[1] Mellor Artista Masculino El mesmo Candidato
Mellor canción R&B "In My Head" Gañador
Mellor álbum R&B Jason Derülo Gañador
MTV Video Music Awards[2] Mellor vídeo masculino "In My Head" Candidato
Mellor artista novo "In My Head" Candidato
MTV Europe Music Awards[3] MTV Europe Music Awards El mesmo Candidato
MTV Europe Music Awards El mesmo Candidato
ARIA Music Awards[4] Mellor Artista Internacional El mesmo Candidato
American Music Awards Novo Artista do Ano El mesmo Candidato
2011 NAACP Image Award[5] Mellor artista novo El Mesmo Candidato
BMI Pop Music Awards[6] Compositor do Ano "In My Head", "Ridin' Solo", "Whatcha Say, Replay" Gañador
50 Mellores actuacións do ano "Replay" Gañador
Teen Choice Awards[7] Mellor Artista Masculino El Mesmo Candidato
Mellor Canción R&B/Hip-Hop "Don't Wanna Go Home" Nominado
Mellor Estrela - Masculino El mesmo Candidato
MOBO Awards[8][9] Mellor Actuación Internacional El mesmo Candidato
2012 MTV Video Music Awards Xapón Mellor Vídeo de R&B "It Girl" Candidato
MTV Europe Music Awards Mellor Actuación Internacional El mesmo Candidato
2013 MOBO Awards Mellor Artista Internacional El mesmo Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Teen Choice Awards 2010 Nominations Announced". MTV UK. MTV Networks. July 13, 2010. http://www.mtv.co.uk/events/teen-choice-awards/news/230377-teen-choice-awards-twilight-katy-perry. Consultado o May 30, 2011.
  2. "MTV Video Music Awards: The Complete Winners List". Rolling Stone. New York City: Jann Wenner. September 13, 2010. http://www.rollingstone.com/music/news/mtv-video-music-awards-the-complete-winners-list-20100913. Consultado o May 30, 2011.
  3. "Lady Gaga and Katy Perry lead MTV Europe Music Awards nominations". NME. IPC Media. September 20, 2010. http://www.nme.com/news/lady-gaga/53070. Consultado o May 30, 2011.
  4. "2010 ARIA Nominations Announced". Take40 Australia. MCM Entertainment. September 28, 2011. http://www.take40.com/news/20335/2010-aria-nominations-announced---full-list-here!. Consultado o May 30, 2011.
  5. "The 42nd NAACP Image Awards – Recording". NAACPImageAwards.net. http://www.naacpimageawards.net/42/winners-and-honorees/recording/. Consultado o May 30, 2011.
  6. Kennedy, Gerrick D. (May 18, 2011). "David Foster, Lady Antebellum, Jason Derulo and Lady Gaga score top honors at BMI pop awards". Los Angeles Times (Los Angeles, California: Eddy Hartenstein). http://latimesblogs.latimes.com/music_blog/2011/05/david-foster-lady-antebellum-jason-derulo-and-lady-gaga-score-top-honors-at-bmi-pop-awards.html. Consultado o May 30, 2011.
  7. "Teen Choice Awards 2011 Nominees Announced: Harry Potter vs Twilight". The Huffington Post. June 29, 2011. http://www.huffingtonpost.com/2011/06/29/teen-choice-awards-2011-nominees_n_887197.html. Consultado o June 30, 2011.
  8. Fitzmaurice, Sarah (September 1, 2011). "Jessie J leads the pack with five MOBO Award nominations... and will battle it out against Adele in three categories". Daily Mail. Associated Newspapers. http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-2032408/MOBO-Awards-2011-Jessie-J-leads-pack-5-nominations.html?ito=feeds-newsxml. Consultado o September 6, 2011.
  9. "The 2011 MOBO Awards in association with Lebara Mobile". MOBO Organisation. http://www.mobo.com/2011%20Glasgow%20SECC. Consultado o November 6, 2011.