January Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
January Jones
January Jones (1).jpg
Jones nos premios Emmy do 2008.
Nacemento January Kristen Jones
5 de xaneiro de 1978 (36 anos)
Sioux Falls, Dacota do Sur, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz (1999–presente)
Ficha na IMDb

January Kristen Jones, nada o 5 de xaneiro de 1978 en Sioux Falls, Dacota do Sur, é unha actriz e antiga modelo de Abercrombie & Fitch.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actualmente está no elenco da serie drama Mad Men como a nova esposa e nai "Betty Draper", pero pode que sexa máis coñecida polo seu papel como "Cadence Flaherty" no filme American Pie: The Wedding. Jones tamén tivo papeis en Anger Management, Love Actually e Dirty Dancing: Havana Nights. No 2005, apareceu no filme Three Burials of Melquiades Estrada dirixido e protagonizado por Tommy Lee Jones e no 2006 interpretou o papel de "Carol Dawson", a muller do adestrador "William Dawson", en We Are Marshall.

Jones foi clasificada como número 82 na lista da revista Maxim entre as 100 mulleres máis atractivas do ano 2002. Tivo unha relación con Josh Groban (2003-2006) pero remataron por ficar separados.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1999 Sorority Número un TV movie
Get Real Jane Cohen Episodio: "Piloto"
All the Rage Janice Taylor
2001 The Glass House Rapaza
Bandits Claire / Pink Boots
2002 In My Life Diane St. Croix TV filme
Taboo Elizabeth
Full Frontal Tracy
2003 Anger Management Gina
American Wedding Cadence Flaherty
Love Actually Jeannie
2004 Dirty Dancing: Havana Nights Eve
Love's Enduring Promise Missie Davis TV filme
2005 Huff Marisa Wells Episodio: "The Good Doctor"
Episodio: "The Sample Closet"
Three Burials of Melquiades Estrada Lou Ann Norton
2006 Swedish Auto Darla
We Are Marshall Carole Dawson
2007–
actualmente
Mad Men Betty Draper 52+ episodios
2008 Law & Order Kim Brody Episodio: "Quit Claim"
2009 The Boat That Rocked Eleanor
2010 The Hungry Rabbit Jumps Laura Gerard
2011 Unknown Elizabeth Harris
X-Men: First Class Emma Frost

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: January Jones Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]