Jane's Addiction

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jane s Addiction logo1.png
Jane's Addiction - Charlotte, NC - June 12, 2009.JPG
Concerto de Jane's Addiction en xuño de 2009 no anfiteatro Verizon Wireless de Charlotte, Carolina do Norte
Orixe Os Ánxeles, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período 1985 - 1991
1997
2001 - 2004
2008 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s) Warner Bros., EMI/Capitol
Membros Perry Farrell
Dave Navarro
Stephen Perkins
Chris Chaney
Dave Sitek
Antigos membros Eric Avery
Duff McKagan
Chris Brinkman
Matt Chaikin
Ed Dobrydnio
Flea
Martyn LeNoble
Chris Chaney
Na rede
janesaddiction.com

Jane's Addiction é unha banda de rock alternativo estadounidense fundada en 1985 nos Ánxeles, California. A súa formación orixinal contaba con Perry Farrell (voces), Dave Navarro (guitarra), Eric Avery (baixo) e Stephen Perkins (batería). Despois de separarse no ano 1991, reuníase por un pequeno período de tempo en 1997 e tamén no 2001; ámbalas dúas sen Avery. No 2008 xuntáronse os catro e realizaron unha xira mundial. Despos da mesma Avery deixou a banda a principios do 2010 cando a banda comezou a gravar material novo.

Jane's Addiction foi unha das primeiras bandas de rock alternativo aparecidas a comezos dos 90 en gañar a atención dos grandes medios e en acadar o éxito comercial nos Estados Unidos. A súa primeira xira de despedida puxo en marcha o festival Lollapalooza, un escaparate do rock alternativo. Como resultado, Jane's Addiction converteuse nunha icona do que Farrell chamou a "Alternative Nation". O grupo foi colocado no posto 35 da lista da VH1 dos "100 mellores artistas de hard rock".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jane’s Addiction formouse en California tras a disolución da anterior banda do vocalista Perry Farrell, Psi-Com. A mediados de 1985 Farrel estaba buscando un novo baixista para Psi-Com e coñeceu a Eric Avery. Comezaron a practicar xuntos tendo como gustos comúns a Joy Division e The Velvet Underground, aínda que Avery nunc chegaría a integrarse totalmente no vello grupo de Farrell. O seu novo proxecto chamaríase "Jane's Addiction" na honra da compañeira de piso do vocalista, Jane Bainter, que foi a musa do grupo. Pola súa primeira encarnación pasarían catro guitarristas por Jane's Addiction, e contou con Matt Chaikin, antigo membro de Kommunity FK, na batería.[2]

Despois de que Chaikin fallase a varios ensaios, Farrell comezu a buscar un novo batería. A irmá pequena de Avery, Rebecca, suxeriu ao seu mozo Stephen Perkins. Avery non estaa seguro debido aos seus gustos musicais distintos, pero finalmente cedeu.[3] Despois de que Perkins fose contratado, este e Rebecca prometeron levar ao seu amigo Dave Navarro, que tocaa a guitarra. Polas recomendacións de Perkins a banda fíxolle unha audición e finalmente contratouno.[4]

Esa foi a formación de Jane's Addiction durante a súa primeira etapa, que foi de 1985 a 1991, ano no que a banda se separou. En 1997, reuniríanse novamente, para unha xira rápida e a gravación dun álbum, pero esa reunión non contou con Eric, que non quixo participar. Nesa ocasión, Flea, de Red Hot Chili Peppers foi o encargado do baixo.

Eric, Perry e Dave coñecéranse en 1986, nos Ánxeles, e decidiron formar a banda. Dende o principio, a música de Jane’s Addiction caracterizouse por ser extremadamente enérxica e orixinal. Basicamente, era un hard rock con toques de punk rock, funk, folk e rap.

Perry, que nacera co nome de Perry Bernstein, mudou o seu nome para Perry Farrel, debido á semellanza deste coa palabra inglesa "Peripheral". Polémico, innovador, carismático e orixinal, Perry sempre se dixo seguidor da "Provocative and Alternative Art". Escribía letras estrañas (adoraba escribir sobre prostitutas, como en "Jane Says" e "Whores" (reza a lenda que o nome da banda é unha homenaxe a unha prostituta que el coñecía), belas e poéticas, como "Ocean Size", "Slow Divers" e "Summertime Rolls", polémicas e irónicas, "Been Caught Stealing" e "Ain’t No Right", e ata enigmáticas, "Three Days" e "Kettle Whistle" . Adoraba polemizar, usaba roupas como mínimo estrañas, non só nos directos, senón tamén fóra deles, e certa vez chegou a dar un concerto completamente espido. Fóra de Jane’s Addiction, Perry tamén é o gran responsable do festival Lollapalooza, que acontece anualmente. Despois do fin da banda, formou en 1992 Porno for Pyros, co batería Stephen Perkins.

Despois de que Eric, Dave e Perry coñecéranse e formaran a banda, Stephen Perkins uníuse a eles. Comezaron facendo pequenas presentacións en bares e pequenos clubes. Deses directos, saíu o primeiro disco da banda, en 1987, titulado Jane's Addiction. Nese disco, xa se atopan varias pezas como "Jane Says", "Pigs In Zen" (nos álbums posteriores hai versións diferentes desas dúas cancións), "Whores" e unha versión de "Sympathy For The Devil", dos Rolling Stones.

Despois de asinar coa Warner Brothers, a banda lanzou o disco Nothing’s Shocking en 1988. Nese álbum aparecen cancións como "Up The Beach" ou unha nova versión de "Jane Says", unha das marcas rexistradas da banda. A través dese tema, Jane’s Addiction sería coñecido máis tarde tamén fóra dos círculos alternativos americanos, debido á exhibición exhaustiva do seu clip na MTV e outras canles de música.

Outra canción que axudou a facer a Jane’s Addiction máis popular fóra dos círculos alternativos foi "Been Caught Stealing", que formaba parte do setlist do terceiro álbum da banda, titulado Ritual de lo Habitual. Ese disco foi lanzado en 1990, e ao final de súa xira de divulgación, no verán de 1991, a banda separouse. Nesa xira, Jane’s Addiction foi a cabeza de cartel do Lollapalooza, festival concibido e organizado por Perry, e que tiña como outras atraccións a Nine Inch Nails (Trent Reznor é amigo de Perry Farrel), Living Colour e Body Count. Nese álbum temos outras excelentes cancións, como "Stop", "Ain’t No Right" e a magnífica "Three Days".

Despois da separación, Perry ocupouse da produción anual do Lollapalooza, e máis tarde formou Porno For Pyros co Stephen Perkins; Dave Navarro asumiu a guitarra de Red Hot Chili Peppers e Eric Avery xuntouse a Polar Bear.

En 1997, a banda decidiu reunirse novamente para unha xira titulada "I-Its M-My Party Tour" e o lanzamento dun novo álbum. No lugar de Eric Avery, que non participou da reunión, foi convocado Flea, compañeiro de Navarro en Red Hot Chili Peppers. O álbum lanzado recibiu o título de "Kettle Whistle", e posúe versións en vivo dos seus maiores éxitos, aparte de demos e 4 cancións inéditas. Nesa pequena xira, a banda tivo máis público e éxito que en calquera outra xira anterior.

Despois diso, a banda separouse, pero reuniuse novamente en outubro de 2001 para algúns directos en Canadá e nos Estados Unidos, nunha nova xira conmemorativa. Dos membros orixinais, só Perry Farrel e Stephen Perkins participaron desa nova reunión. En 2001, Perry Farrel e Dave Navarro lanzan os seus primeiros discos en solitario: "Song Yet to be Sung" e "Trust No One", respectivamente.

En 2002 Jane's Addiction plantéxouse un novo disco. Con Dave Navarro de volta e Chris Chaney como novo baixista, a banda volveu ao estudio ao lado do produtor Bob Ezrin. O resultado foi editado no 2003 baixo o nome de Strays e a banda realizou unha estensa xira mundial para promocionalo. Nese mesmo ano Perry Farrel organizou unha nova edición do festival Lollapalooza, que reuniu a bandas como A Perfect Circle, Jane's Addiction, Audioslave e Queens of the Stone Age entre outras. O grupo separaríase novamente a finais de ano tras cancelar varias datas da xira.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "VH1: '100 Greatest Hard Rock Artists': 1-50". Rock on the Net. http://www.rockonthenet.com/archive/2000/vh1hardrock.htm. Consultado o 24 de maio de 2014.
  2. Mullen, p. 54
  3. Mullen, p. 75–76
  4. Mullen, p. 77–78

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]