Jan Brueghel o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Sagrada Familia con San Xoán

Jan Brueghel o Novo, nado en 1601 e finado en 1678, foi un pintor flamengo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Jan Brueghel o Vello, neto de Pieter Brueghel o Vello e sobriño de Pieter Brueghel o Novo. O seu segundo fillo foi o pintor Abraham Bruegel (1631-1690).

Formado con seu pai, Jan trasladouse aínda novo a Milán para encontrarse con Federico Borromeo, mecenas do proxenitor. Logo dunha viaxe por Italia que o levou a Roma, Nápoles e Palermo (en Sicilia estivo en compaña do seu amigo Anthony van Dyck), Jan retornou a Antuerpen en 1625, onde traballou para numerosos comitentes prestixiosos, como a Casa Real francesa. Viaxou tamén por Francia, en data imprecisa do sexto decenio do século XVII.

As súas pinturas lembran abondo o estilo miniaturístico do seu pai; como el, traballou con frecuencia con outros artistas como o célebre mestre barroco celebre Peter Paul Rubens.