Jan Švankmajer
| Jan Švankmajer | |
Jan Švankmajer co Globo de Vidro durante o Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary en 2009. |
|
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacionalidade | |
| Data de nacemento | 4 de setembro de 1934 |
| Lugar de nacemento | Praga, |
| Filmografía | |
| Películas dirixidas | |
| Películas guionizadas | |
| Películas producidas | |
|
|
|
| Ficha en IMDb | |
Jan Švankmajer, nado o 4 de setembro de 1934 en Praga (Checoslovaquia), é un cineasta e artista gráfico checo, cuxa obra se extende por diversos medios. Autodefínese como surrealista, coñecido polas súas animacións e características surrealistas que influíron, entre outros, a Terry Gilliam, ou aos Irmáns Quay.[1]
Nos seus filmes, Svankmajer traballa con bonecos, empregando a técnica de stop-motion. Tamén ten empregado actores reais, máquinas, figuras de arxila, bonecas antigas, esqueletos de animais e outras moitas cousas. Consigue crear un clima de pesadelo, o que non impide que os seus filmes sexan, alo menos en certo modo, divertidos. Tense inspirado nas obras de autores como Edgar Allan Poe, Lewis Carroll e a lenda xermánica do Doutor Fausto (que serviu de inspiración a moitos outros autores).
Estivo casado con Eva Švankmajerová, pintora surrealista, ceramista e escritora de sona mundial, que faleceu en outubro de 2005. Eva colaborou en varias das películas de Švankmajer como Fausto, Otesánek e Alis.
Índice |
Filmes [editar]
Lomgametraxe [editar]
| Ano | Título en galego | Título orixinal |
|---|---|---|
| 1988 | Alis | Něco z Alenky |
| 1994 | Fausto | Lekce Faust |
| 1996 | Conspiradores do Placer | Spiklenci slasti |
| 2000 | Pequeno Otik | Otesánek |
| 2005 | Loucura | Šílení |
| 2006 | O osario e outros contos colección Kimstim | The Ossuary & Other Tales Kimstim collection |
| 2010 | Sobrevivir á vida | Přežít svůj život |
| 2015 | Insectos | Hmyz |
Curtametraxes [editar]
| Ano | Título en galego | Título orixinal | |
|---|---|---|---|
| 1964 | O último truco | Poslední trik pana Schwarcewalldea a pana Edgara | |
| 1965 | Johann Sebastian Bach: Fantasía en G menor | Johann Sebastian Bach: Fantasia G-moll | |
| 1965 | Un xogo con pedras | Spiel mit Steinen | |
| 1966 | Punch and Judy | Rakvičkárna | |
| 1966 | Et Cetera | Et Cetera | |
| 1967 | Historia Naturae (Suita) | Historia Naturae (Suita) | |
| 1968 | O xardín | Zahrada | |
| 1968 | O piso | Byt | |
| 1968 | Picnic con Weissmann | Picknick mit Weissmann | |
| 1969 | Unha semana tranquila na casa | Tichý týden v domě | |
| 1970 | Don Xoán | Don Šajn | |
| 1970 | Kostnice | ||
| 1971 | Jabberwocky | Žvahlav aneb šatičky slaměného Huberta | |
| 1972 | Diario de Leonardo | Leonardův deník | |
| 1973-79 | Castelo de Otranto | Otrantský zámek | |
| 1980 | A caída da casa de Usher | Zánik domu Usherů | |
| 1982 | Dimensións do Diálogo | Možnosti dialogu | |
| 1983 | Ao soto | Do pivnice | |
| 1983 | O péndulo, o pozo e a esperanza | Kyvadlo, jáma a naděje | |
| 1988 | Xogos Virís | Mužné hry | |
| 1988 | Outro tipo de amor | Another Kind of Love | |
| 1988 | Amor de carne | Zamilované maso | |
| 1989 | Escuridade/Luz/Escuridade | Tma, světlo, tma | |
| 1989 | Flora | Flora | |
| 1989 | Autorretratos animados | Animated Self-Portraits | |
| 1990 | A morte do Stalinismo en Bohemia | Konec stalinismu v Čechách | |
| 1992 | Comida | Jídlo |
Animación e gadgets [editar]
| Ano | Título en galego | Título orixinal | Director |
|---|---|---|---|
| 1978 | Cea para Adela | Adéla ještě nevečeřela | Oldřich Lipský |
| 1981 | O Misterioso Castelo nos Cárpatos | Tajemství hradu v Karpatech | Oldřich Lipský |
| 1982 | Vampiro Ferat | Upír z Feratu | Juraj Herz |
| 1984 | Tres Veteráns | Tři veteráni | Oldřich Lipský |
Notas [editar]
- ↑ Solomon, Charles (1991-07-19). "Brooding Cartoons From Jan Svankmajer". LA Times. http://articles.latimes.com/1991-07-19/entertainment/ca-2291_1_political-cartoon.