Jamie Campbell Bower
| Jamie Campbell Bower | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de novembro de 1988 (24 anos) Londres, |
| Profesión | Actor |
| Cónxuxe(s) | Bonnie Wright (2009–presente) |
| Ficha na IMDb | |
Jamie Campbell Bower nado o 22 de novembro de 1988 en Londres, é un actor inglés que é coñecido polo seu papel de Anthony Hope no filme de Tim Burton Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street, ademais de ser escollido para o papel de Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou a súa carreira cando Laura Michelle Kelly, actriz e cantante inglesa amiga da súa familia, lle presentou ó seu axente. Foi membro do National Youth Music Theatre (NYMT), organización para xoves artistas de teatro musical adicada á realización de producións e estimulación dos seus membros mediante talleres de formación e audicións. No ano 2007, fixo o seu debut na pantalla grande, interpretando a Anthony Hope na adaptación cinematográfica do musical Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street.
En 2009 foi elixido para interpretar a Caius no filme The Twilight Saga: New Moon. Tamén foi confirmado para interpretar a Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
Filmografía [editar]
| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2007 | The Dinner Party | Douglas | Filme de TV |
| 2007 | Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street | Anthony | |
| 2008 | RocknRolla | Rocker | |
| 2008 | Winter in Wartime | Jack | |
| 2009 | New Moon (filme de 2009) | Caius Volturi | |
| 2009 | The Prisoner | 11–12 | mini serie de TV (6 episodios) |
| 2010 | Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 | Xoven Gellert Grindelwald | |
| 2010 | London Boulevard | Rapaz | |
| 2011 | Camelot | Rei Arturo | serie de TV (10 episodios) |
| 2011 | Anonymous | Rapaz de Oxford | |
| 2011 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 | Caius | |
| 2012 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 | Caius | |
| 2013 | The Mortal Instruments: City of Bones | Jace Wayland |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)