James McAvoy
| James McAvoy | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
McAvoy no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2010 |
|||||||
| Nacemento | James Andrew McAvoy 21 de abril de 1979 Scotstoun, Glasgow, |
||||||
| Profesión | Actor (1995 - presente) | ||||||
| Cónxuxe(s) | Anne-Marie Duff (2006 - presente) | ||||||
| Ficha na IMDb | |||||||
|
|||||||
James Andrew McAvoy nado o 21 de abril de 1979 en Glasgow é un actor de cine, televisión e teatro escocés. Tornouse coñecido polas súas participacións en filmes como The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe, The Last King of Scotland, Atonement e Wanted, tendo tamén participado en series televisivas como Band of Brothers e Shameless, nesta última, onde coñeceu á súa muller Anne-Marie Duff.
Índice |
Biografía [editar]
James McAvoy naceu en Scotstoun, Glasgow. A súa nai, Elizabeth Johnstone, é enfermeira psiquiatra e o seu pai, tamén James McAvoy, obreiro. A súa irmá Joy forma parte da banda escocesa "Streetside". Os pais de James divorciáronse cando este tiña só sete anos, e foi entón cando se mudou para a casa dos seus avós maternos (Mary e James Johnstone), en Drumchapel. Asistiu á escola St. Thomas Aquinas, considerada unha escola católica, e durante seis anos ó Pace Youth Theatre. Graduouse no 2000 na "Royal Scottish Academy of Music and Drama".
Traxectoria [editar]
A carreira cinematográfica de McAvoy comezou co filme de David Hayman The Near Room de 1995, e deseguido, en 1997, en Regeneration, de Pat Barkers. Aínda así, o actor gañou maior renome ó participar nas miniseries Band of Brothers e en Children of Dune (2003). No mesmo ano, participou State of Play, de Paul Abbott, e no ano seguinte na serie de televisión Shameless, transmitida no Reino Unido no Channel 4, sendo nomeada esta última para o "British Comedy Award". En 2005, representou a personaxe Ben na obra "Breathing Corpses", no Royal Court Theatre, e no cinema interpretou ó fauno no filme The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Tamén no 2005, participou no filme Wimbledon e na obra Macbeth.
No 2006, o actor tivo a oportunidade de actuar con Forest Whitaker no filme The Last King of Scotland, unha adaptación do romance homónimo de Giles Foden, baseado na historia do poderoso ditador de Uganda Idi Amin, durante os anos 70. Este filme valeulle o nomeamento para un premio BAFTA ó mellor actor e o premio do European Film Awards ó mellor actor. McAvoy participou, no mesmo ano, en Starter for Ten.
No 2007, apareceu en dous filmes aclamados polos críticos, Becoming Jane e Atonement, sendo este último baseado no romance homônimo de Ian McEwan. McAvoy foi nomeado ó Globo de Ouro pola súa participación neste filme. Máis tarde, o actor participou en Penelope xunto con Cristina Ricci e Reese Witherspoon no 2008.
No 2008, McAvoy acadou gran notoriedade ó protagonizar o filme Wanted ó lado de Angelina Jolie e Morgan Freeman.
Vida persoal [editar]
Inicialmente McAvoy saiu coa actriz escocesa Emma Nielsen (nome artístico de Emma King). Eles comezaron a súa relación cando James tiña dezaseis anos, mais separáronse no 2003. Despois, el casou coa actriz Anne-Marie Duff, que coñeceu no reparto da serie Shameless. Eles atualmente viven en Stroud Green, en Londres. O 16 de xuño, Duff deu a luz ao primoxénito do parella.
Unha das grandes paixóns de McAvoy é a ciencia ficción, que comezou a partir dos 11 anos de idade ao ler O Señor dos Aneis. Fóra da ciencia ficción o seu maior interese é o fútbol. Tamén é un gran seareiro do Celtic Football Club, afirmando que o papel dos seus soños seria interpretar o lendario Jimmy Johnstone. Por outra banda, non se considera católico praticante, mais si unha persoa espiritual.
Filmografía [editar]
| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1995 | The Near Room | Kevin | |
| 1997 | Regeneration | Anthony Balfour | |
| The Bill | Gavin Donald | episodio "Rent" | |
| 2000 | Lorna Doone | Sarxento Bloxham | filme para TV |
| 2001 | Band of Brothers | Cabo James W. Miller | miniserie de TV, episodio "Replacements" |
| Swimming Pool | Mike | tamén coñecido como The Pool | |
| Murder in Mind | Martin Vosper | episodio "Teacher" | |
| 2002 | White Teeth | Josh | filme para TV |
| Bollywood Queen | Jay | ||
| The Inspector Lynley Mysteries | Gowan Ross | serie de TV; episodio "Payment in Blood" | |
| Foyle's War | Ray Pritchard | episodio "The German Woman" | |
| 2003 | Frank Herbert's Children of Dune | Leto Atreides II | miniserie de TV |
| Bright Young Things | Simon Balcairn | ||
| Early Doors | Liam | serie de TV; (4 episodios) | |
| State of Play | Dan Foster | serie de TV | |
| 2004 | Wimbledon | Carl Colt | |
| Strings | Hal Tara (Voz) | ||
| Inside I'm Dancing | Rory O'Shea | tamén coñecido como Rory O'Shea Was Here Mellor Actor no London Film Critics Circle |
|
| 2004 | Shameless | Steve McBride | serie de TV; (13 episodios) Mellor Comediante Novato de TV no British Comedy Awards |
| 2005 | The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe | Sr. Tumnus | Gañou un Empire Award por Mellor Actor Mellor Actor Británico no London Film Critics Circle |
| ShakespeaRe-Told | Joe Macbeth | serie de TV; (1 episodio) | |
| Starter for 10 | Brian Jackson | ||
| 2006 | The Last King of Scotland | Dr. Nicholas Garrigan | Gañou un BAFTA Scotland por Mellor Actor Gañou un BAFTA por Estrela Emerxente Mellor Actor no BAFTA Award Mellor Actor no British Independent Film Awards Mellor Actor no European Film Awards Mellor Actor no London Film Critics Circle |
| 2007 | Becoming Jane | Thomas Lefroy | Filme biográfico da escritora britânica Jane Austen |
| Atonement | Robbie Turner | Gañou um Empire Awards por Mellor Actor Gañou um London Film Critics Circle por Actor Británico do Ano Mellor Actor no BAFTA Mellor Actor no European Film Awards Golden Globe Award de mellor actor en filme dramático Mellor Actor Internacional no Irish Film Award |
|
| 2008 | Penelope | Johnny Martin/Max | |
| Wanted | Wesley Gibson | Mellor Bico (com Angelina Jolie) no MTV Movie Awards Mellor Actuación Masculina no National Movie Award |
|
| 2009 | The Last Station | Valentin Bulgakov | Mellor Actor no Satellite Awards |
| 2010 | The Conspirator | Frederick Aiken | |
| 2011 | Gnomeo and Juliet | Gnomeo (voz) | |
| Wanted 2 | Wesley Gibson | ||
| X-Men: First Class | Profesor Charles Xavier |
Teatro [editar]
- The Tempest, Brunton Theatre – Ferdinand
- Romeo and Juliet, The Courtyard Hereford (1999) – Romeo
- West Side Story, The Courtyard Hereford (1999) – Riff
- Beauty and the Beast, Adam Smith Theatre (1999–2000, pantomime) – Bobby
- Romeo and Juliet (2000) – Romeo
- The Reel of the Hanged Man, Traverse Theatre (2000) – Gerald
- Lovers, Royal Lyceum Theatre – Joe
- Out In The Open, Hampstead Theatre (2001) – Iggy
- Privates On Parade, Donmar Warehouse (2001–2002) – Pt Steven Flowers
- Breathing Corpses, Royal Court Theatre (2005) – Ben
- Three Days of Rain, Apollo Theatre (2009) – Walker/Ned
Galardóns e Nomeamentos [editar]
Globos de Ouro [editar]
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Globo de Ouro ó mellor actor dramático | Atonement | Nomeado |
Premios Bafta [editar]
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | BAFTA ó mellor actor | Atonement | Nomeado |
| 2006 | BAFTA ó mellor actor secundario | The Last King of Scotland | Nomeado |
| 2005 | Premio Orange á estrela emerxente | Gañador |
European Film Awards [editar]
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor actor | Atonement | Nomeado |
| 2007 | Mellor actor | The Last King of Scotland | Nomeado |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- James McAvoy visita Uganda (en inglés)
- McAvoy no Guardian.co.uk (en inglés)
- TCM Movie Database (en inglés)
- Allmovie (en inglés)
- Filmaffinity (en inglés)