James Johnston
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| James Johnston | |
|---|---|
| Nome completo | James Roberto Johnston |
| Alias | |
| Naceu | 25 de abril de 1980 (32 anos) |
| Orixe | Kilmarnock, East Ayrshire |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | baixo, voz, sintetizador |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Biffy Clyro, Marmaduke Duke |
| Tempo en activo | |
| Web | |
James Roberto Johnston (nado o 25 de abril de 1980 en Kilmarnock, East Ayrshire) é un baixista, vocalista e compositor escocés coñecido polo seu traballo coa banda de rock alternativo Biffy Clyro.
Traxectoria [editar]
Johnston naceu e medrou en Kilmarnock co seu irmán xemelgo Ben (batería de Biffy Clyro), e o seu irmán menor Adam Johnston (tecnico de batería da banda).
Comezou a tocar o baixo co seu amigo do colexio Simon Neil e o seu irmán Ben nunha banda chamada Screwfish en 1995. A banda acabaríase convertendo en Biffy Clyro e Simon mudouse a Glasgow mentres Ben e James quedaron en Ayrshire. Ao pouco tempo foron descubertos polo mánager Dee Bahl e asinaron coa discográfica Beggar's Banquet no ano 2001.
|
|||||||||||||||||